Programa edg2030
![]() |
ProgramaI Foro de debate profesionalEstratexia Dixital de Galicia 2030 |
|
TERRITORIO VERDE E CONECTADO - Luns 01/07/2019 >> Facultade de Informática (UVigo) - Ourense 10:15 - 10:30 Rexistro 10:30 - 11:00 Saúdo oficial Mª del Mar Pereira Álvarez Manuel Joaquín Reigosa Roger 11:00 - 11:30 Café Networking 11:30 - 13:30 Grupos de debate SALA 1 : G1. Xestión territorial intelixente Impacto das solucións dixitais para mellorar a xestión e o coñecemento do territorio como base para permitir aumentar a capacidade de adaptación ás necesidades e oportunidades que se lle presenten á Comunidade, dunha forma ordenada, áxil, eficiente e eficaz. SALA 2: G2. Conectividade & infraestruturas intelixentes Infraestruturas e servizos de telecomunicación, transporte e enerxía intelixentes ao servizo do desenvolvemento da Comunidade en termos de maior igualdade, seguridade, calidade, eficiencia social e sustentabilidade económica e ambiental. SALA 3: G3. Sector primario Potencial de oportunidades que ofrecen as tecnoloxías dixitais para fomentar un sector primario máis intelixente, resiliente e respectuoso co medio ambiente que contribúa á súa vez á mellora da competitividade do medio rural.
VIDA DIXITAL & INTELIXENTE - Martes 02/07/2019 >> Facultade de Ciencias da Comunicación (USC) 10:15 - 10:30 Rexistro 10:30 - 11:00 Saúdo oficial Mª del Mar Pereira Álvarez Antonio López Díaz 11:00 - 11:30 Café Networking 11:30 - 13:30 Grupos de debate SALA 1: G4. Educación dixital Novos modelos educativos e formativos para preparar á sociedade cara ás transformacións derivadas dos cambios tecnolóxicos constantes asegurando que ningunha persoa quede atrás e incorporando a filosofía de aprendizaxe permanente facilitada polas tecnoloxías dixitais. SALA 2: G5. Saúde & benestar Uso eficiente das tecnoloxías dixitais para mellorar e protexer a saúde ao longo de todo o ciclo vital mediante solucións innovadoras para promover a saúde, prever e controlar enfermidades, e reforzar a robustez e sostibilidade dos sistemas e servizos sociosanitarios. SALA 3: G6. Identidade & cultura Tecnoloxías dixitais como elemento de relevancia non só para a dinamización do patrimonio e a produción cultural e turística senón tamén, para a contribución á construción dunha identidade cultural máis aló dun ámbito territorial ou temporal determinado.
ECONOMÍA ABERTA - Mércores 03.07.2019 >> Facultade de Económicas (UVigo) - Vigo 10:15 - 10:30 Rexistro 10:30 - 11:00 Saúdo oficial Mª del Mar Pereira Álvarez 11:00 - 11:30 Café Networking 11:30 - 13:30 Grupos de debate SALA 1: G7. Mundo laboral cambiante Anticiparse aos cambios no mercado laboral que trae consigo a economía dixital derivadas dos cambios nos procesos empresariais en termos de eficiencia (aforro de tempo, redución de costes, de erros,...) e dos novos modelos de colaboración. SALA 2: G8. Economía verde Potencial das tecnoloxías dixitais para contribuír a un cambio no modelo de consumo e utilización de recursos que redunde na mellora do benestar e igualdade social á vez que se reducen significativamente os riscos medioambientais e a escaseza ecolóxica. SALA 3: G9. Economía dixital Impacto das tecnoloxías dixitais no xurdimento de novas actividades económicas motivadas pola ruptura do modelo espacial, temporal, relacional, e incluso económico; agora, os datos son a nova materia prima e os consumidores migran do concepto da propiedade ao uso.
ESPECIALIZACIÓN TECNOLÓXICA - Venres 05.07.2019 >> Facultade de Informática (UDC) - A Coruña 10:15 - 10:30 Rexistro 10:30 - 11:00 Saúdo oficial Mª del Mar Pereira Álvarez Julio Abalde Alonso 11:00 - 11:30 Café Networking 11:30 - 13:30 Grupos de debate SALA 1: G10. Tendencias tecnolóxicas Oportunidades que supoñen tanto o desenvolvemento de solucións innovadoras baseadas en novas tendencias tecnolóxicas (IA, big data, blockchain, etc.) como a súa aplicación en todos os ámbitos da economía, tanto no sector privado como no público. SALA 2: G11. Talento dixital A fenda entre a demanda e a dispoñibilidade de traballadores con competencias dixitais avanzadas é cada vez maior; é preciso velar por dotar a Galicia dun capital humano preparado para a transformación dixital coas competencias necesarias ao efecto. SALA 3: G12. Ecosistema / emprendemento A intersección entre diferentes tecnoloxías, sectores produtivos e disciplinas de coñecemento como fonte de solucións innovadoras baseadas nas novas tendencias dixitais e con amplo potencial para a apertura de novos mercados en todo o mundo. |
|
