Plan de inclusión dixital 2020 - Modelo de participación e colaboración

Formulario de busca

Fondos

Plan de inclusión dixital 2020 - Modelo de participación e colaboraciónPlan de inclusión dixital 2020 - Modelo de participación e colaboración

Formulario de busca

cierra cierra

O Plan de Inclusión Dixital de Galicia 2020 porase en marcha grazas á cooperación, á implicación e á participación dos axentes do ecosistema dixitalagregaranse capacidades, recursos e iniciativas, que permitirán xerar sinerxías e conseguir un efecto multiplicador para acadar unha maior chegada ao territorio e, en definitiva, á cidadanía.

Para iso, implementarase un modelo de relación flexible e en rede sustentado en “alianzas dixitais” entre a Xunta de Galicia, Entidades Locais e FEGAMP, Universidades, Colexios Profesionais, Entidades do Terceiro Sector, Sector empresarial e a cidadanía (voluntariado dixital).

Para dinamizar o sistema de relacións publicarase unha resolución na que detallaranse os requirimentos para ser aliados dixitais e as súas modalidades (entidade colaboradora, mecenas dixital, referente dixital, mentor dixital e voluntariado dixital) así como un novo procedemento de inscrición telemática.