Novas

Formulario de busca

Fondos

NovasNovas

Formulario de busca

cierra cierra
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe que a Xunta estenderá a educación dixital a 100.000 alumnos, unha cifra que suporá o 70% dos alumnos de 5º de primaria a 4º da ESO. Con este obxectivo, Feijóo precisou que Consello autorizou hoxe dous contratos marco, que suman un importe máximo de 34 millóns de euros: un deles para adquirir ata 45.000 ultraportátiles para o alumnado e o outro para adquirir o equipamento necesario para a dotación doutras 2.000 aulas E-Dixgal. Actualmente E-Dixgal está dispoñible para os centros adheridos, entre 5º de primaria e 2º da ESO. Isto...
A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou esta mañá na presentación do centro de innovación aberta en tecnoloxías móbiles avanzadas posto en marcha polo centro tecnolóxico Gradiant co apoio da Xunta de Galicia, co cofinanciamento de fondos Feder do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e o Ministerio de Ciencia e Innovación. Na presentación participaron tamén Luis Pérez e Fernando Jiménez, director xeral e xerente de Gradiant, respectivamente. Argerey felicitou a Gradiant pola posta en marcha deste laboratorio “unha iniciativa de gran valor para o...
A iniciativa impulsada pola Xunta e o Concello de Santiago para facilitar o despregamento de fibra óptica no casco histórico de Santiago entra na recta final esta semana, unha vez que operador Orange vén de iniciar o proceso para activar as primeiras altas de servizo nas rúas do Franco e do Vilar. Tras comprobar o correcto funcionamento da nova rede nestas primeiras unidades inmobiliarias, iranse incorporando outras rúas nas próximas semanas co obxectivo de cubrir toda a área o máis axiña posible. Nesta fase resulta fundamental o control da instalación das acometidas individuais de cada...
As redes móbiles de quinta xeración van moito máis aló dunha evolución da tecnoloxía actual e o Goberno galego vén traballando desde 2018 no obxectivo de posicionar á Comunidade como territorio preferente na extensión das redes 5G. Así o destacou a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, na clausura do webinario, 5G, unha revolución en marcha, organizado por APD en colaboración con Vodafone.   Neste sentido, Mar Pereira lembrou que Galicia foi a primeira Comunidade que aprobou  un Plan para facilitar a extensión da tecnoloxía  5G, que nun ao...
Hoxe publícase no Diario Oficial de Galicia (DOG) o anuncio da convocatoria para que os centros educativos poidan adherirse ao Programa DigiCraft no teu cole-II promovido pola Fundación Vodafone España en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), e que ten como obxectivo potenciar o desenvolvemento das competencias dixitais na infancia e na mocidade. Segundo se recolle na convocatoria que tamén pode consultarse no portal (https://www.edu.xunta.gal/portal/DigiCraft), os centros interesados poderán...
No uso de Internet, as diferenzas entre os homes e as mulleres galegas son mínimas: O 85,3% das galegas fronte ao 85,9% dos galegos utilizaron Internet nos últimos tres meses. O uso da Rede entre as mulleres galegas acada así a media que se rexistra na Unión Europea.  En termos evolutivos, a fenda de xénero no uso de internet redúcese nun 80%, ao pasar de 3 puntos porcentuais a 0,6 entre 2016 e 2019. Cando se acada un nivel formativo secundario ou superior, o uso de internet é igual ou superior para as mulleres que para os homes. Atendendo á idade, o uso de Internet entre as mulleres supera...