Novas

Formulario de busca

Fondos

NovasNovas

Formulario de busca

cierra cierra

Páxinas

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) publica hoxe dúas guías para facilitar o teletraballo a empresas e autónomos e a cidadáns. Os documentos están dispoñibles xa nas webs do CDITC (https://cdtic.xunta.gal/node/9157) e Faite Dixital https://faitedixital.xunta.gal/gl/node/9279), e nelas poderán atopar información sobre ferramentas, necesidades e tecnoloxías que posibilitan o traballo en remoto.  A información das guías complementarase con post diarios que se publicarán tamén nestes portais, nos que empresas e cidadáns poderán realizar consultas online.  Guía para...
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) vén de licitar a contratación de novos contidos curriculares para a iniciativa do libro dixital, E-Dixgal, enmarcada no Proxecto Abalar. O pregos publicados hoxe na Plataforma de Contratos de Galicia, recollen unha dotación de ata 2 millóns de euros para prover dúas alternativas de contidos curriculares completos dos cursos de 5º e 6º de Primaria e 1º e 2º da ESO, para os tres vindeiros anos.    Actualmente, os provedores destes contidos son Netex e Edebé, cuxo contrato remata a finais deste curso 2019/20, ademais de Pearson para...
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a apertura da nova convocatoria de axudas para facilitar a dixitalización de fondos patrimoniais a entidades públicas e organizacións privadas sen fins de lucro. Desde mañá e ata 10 de abril  os interesados poderán realizar a súa solicitudeEsta segunda liña de axudas, que contan cun importe total de 750.000 euros, están destinadas á dixitalización de fondos documentais en soporte papel (publicacións seriadas, manuscritos, mapas, material gráfico como fotografías, gravados, carteis,...
O Centro de Excelencia en Intelixencia de Negocio de DXC Technology (CEIN) en colaboración coa Amtega, Intecmar e Meteogalicia, convoca  a  cuarta edición do Hackathon Big Data & Analytics, que se celebra hoxe e mañá na sede das súas oficinas na Cidade da Cultura de Galicia en Santiago de Compostela. Este Hackathon continúa co compromiso do CEIN de potenciar e desenvolver o sector TIC galego e englóbase dentro das iniciativas do plan Digitalent da Amtega para promover as vocacións tecnolóxicas, involucrando a un equipo de analistas, investigadores, universitarios, emprendedores e todo...
A Memoria Dixital de Galicia, impulsada pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Consellería de Cultura e Turismo avanza na conservación e universalización do patrimonio galego co lanzamento dunha segunda liña de axuda para a  dixitalización dos fondos documentais de vinte entidades públicas e privadas sen fins de lucro.  O Auditorio do Edificio CINC acolle esta mañá unha xornada de traballo, na que unha trintena de profesionais das entidades ás que van destinadas as axudas coñecerán da man dos técnicos das áreas de Arquivos, Museos e Bibliotecas da Administración...
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a convocatoria de bolsas para a realización de prácticas formativas en empresas do sector TIC (Bolsas DigiTalent), dirixidas a estudantes do Sistema universitario de Galicia no curso 2019/20 no marco do Plan DigiTalent.   Estas prácticas formativas están orientadas a estudantes universitarios menores de 31 anos, matriculados en Artes e Humanidades, Ciencias da Saúde, Ciencias Sociais e Xurídicas, Enxeñaría e Arquitectura de calquera das tres universidades galegas e que teñan máis do...
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) vén de publicar os gañadores dos concursos de debuxo e microrrelatos lanzados o pasado mes de decembro para contar coas achegas dos máis novos no proceso de elaboración da Estratexia Dixital de Galicia 2030.   Estes certames congregaron a participación de 42 centros educativos das catro provincias galegas e contouse coa implicación de máis de 50 docentes que desenvolveron un papel fundamental para a participación do seu alumnado, entregando 333 traballos (213 debuxos e 120 microrrelatos).   Na fase de votacións os internautas...
Galicia contará desde mañá cun laboratorio 5G aberto ao ecosistema dixital, un espazo de teste de tecnoloxías destas comunicacións avanzadas sen fíos e sensorización para realizar probas e simulación, tanto de posibles solucións, servizos ou equipamento baseado nesta tecnoloxía avanzada sen fíos. Ese é obxectivo do convenio de colaboración asinado esta mañá en Vigo entre a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, e o director xerente de Retegal, Miguel Rodríguez.    O laboratorio 5G, situado nas...
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) comeza o mes de marzo coa apertura de tres das liñas de actuación do Plan Digitalent: o programa de charlas en centros educativos galegos vinculadas ás novas tendencias dixitais, unha nova edición do Programa Tecnólogo por un día e a convocatoria das Bolsas DigiTalent.    Estas iniciativas forman parte do catálogo de actuacións do Plan DigiTalent para este curso 2019/2020, impulsado pola Amtega para potenciar as vocacións STEM desde idades temperás, promover a adaptación de estudantes, titulados e profesionais á demanda de novos...
O vindeiro xoves, 5 de marzo, a Cidade da Cultura acollerá unha xornada técnica, na que responsables da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e da dirección xeral de Políticas Culturais da Consellería de Cultura e Turismo, presentarán a nova liña de axudas para que entidades públicas e privadas sen fins de lucro dixitalicen os seus fondos documentais. É unha das medidas da Memoria Dixital de Galicia para avanzar na conservación e universalización do patrimonio galego. Trátase da  segunda liña de axudas, que se pon en marcha e conta cun importe total de 750.000 euros...

Páxinas