Novas

Formulario de busca

Fondos

NovasNovas

Formulario de busca

cierra cierra

Viveiro acolle o luns unha xornada de difusión sobre os dispositivos tecnolóxicos adaptados para persoas con discapacidade dispoñibles en centros públicos da Xunta

Ao longo do mes de abril celebraranse oito xornadas onde se amosará ás persoas con discapacidade e a colectivos vinculados con elas as oportunidades que representan as TIC e as solucións tecnolóxicas que teñen á súa disposición

Un total de 149 centros públicos da Xunta teñen xa instalado equipamento tecnolóxico accesible, grazas ao programa “TIC TAC Galicia”

En Viveiro dispoñen deste equipamento o Centro de Formación Profesional Ocupacional e a Aula CeMIT do Concello

O programa “TIC TAC Galicia” contou cun investimento de 820.000 euros, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, desenvólvese en virtude do convenio asinado entre a Xunta e o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio

A Sala Multiusos do Concello de Vivieiro acolle o luns, 11 de abril, unha das Xornadas “Proxecto TIC TAC. Accesos adaptados e alternativos para o ordenador”, na que se informará ás persoas con discapacidade e a colectivos vinculados con elas as oportunidades do equipamento adaptado do que dispoñen, que pode achegarlles e onde poden atopalo, co obxectivo de mellorar a súa accesibilidade á sociedade da información.

Outras sete cidades e vilas acollerán estas xornadas, que teñen unha duración aproximada de 4 horas e un marcado carácter dinámico e participativo. Durante o mes de abril estanse a organziar estas sesións na Coruña, Santiago de Compostela, Ourense, O Barco de Valdeorras, Pontevedra e Vigo.

As xornadas, organizadas pola Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica e o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, a través de Red.es, forman parte do “Proxecto TIC TAC Galicia” que dotou a 149 centros públicos de dispositivos tecnolóxicos adaptados para persoas con discapacidade.

En Viveiro os centros que dispoñen deste equipamento son o Centro de Formación Profesional Ocupacional e a Aula CeMIT do Concello.

O Proxecto TIC TAC desenvolveuse grazas ao convenio asinado entre este Ministerio, e a Xunta de Galicia, e contou cun investimento de 820.000 euros na Comunidade, financiada pola Entidade Pública e cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.

Centros e equipamento
Un total de 149 centros públicos, pertencentes a distintas consellarías e departamentos autonómicos contan xa con equipamento adaptado para persoas con discapacidade visual, auditiva, cognitiva ou motora. O centros equipados abranguen 20 bibliotecas públicas, 89 centros adheridos a Rede de aulas de Modernizacion e Inclusión Tecnolóxica (CeMIT), 14 centros hospitalarios, 8 parques naturais, 17 centros de atención a discapacitados e aulas de formación.

Nestes espazos instaláronse 150 ordenadores e 153 portátiles adaptados para que as persoas con discapacidade visual, auditiva, cognitiva ou motora poidan acceder a Internet. Así mesmo, dotóuselles de 181 kits de discapacidade e 60 lectores de DNI electrónicos.

Este equipamento, que permite facer uso dun PC ao 60-70% das persoas con algún tipo de discapacidade, combina software específico e elementos periféricos. O kit de discapacidade inclúe ratos alternativos de bóla xigante e conmutadores, que facilitan o manexo para usuarios con dificultades motoras, ata controladores do ordenador sen mans, que permiten manexalo cun sinxelo movemento do queixo ou la cabeza. Tamén inclúe teclados con teclas de gran tamaño para facilitar a súa pulsación, recomendado para persoas con problemas de mobilidade e/ou visión; pantallas táctiles, que se activan por contacto coa pel e mediante instrucións acústicas, e brazos articuladores para facilitar a suxeición destes dispositivos.

Inscricións
Todas as persoas interesadas en asistir poden inscribirse de forma gratuíta, a través do enderezo electrónico 2014.gal@xunta.es e nos teléfonos 881 999121 / 881 999012. Pódese consultar o programa e o calendario das sesións no seguinte enderezo:
http://imit.xunta.es/portal/dinamizaciondasociedadedainformacion/tic_tac...

Xunto con estas xornadas de difusión, o programa TIC TAC está tamén a desenvolver xornadas de formación orientadas aos profesionais que asesorarán aos usuarios no uso do equipamento, proporcionándolles a capacitación necesaria para orientar e atender as necesidades de todos aqueles que se acheguen para facer uso destes dispositivos.