Posta en marcha dos servizos de certificación para a obtención de certificados dixitais

Xoves 16 de Decembro de 2010

Posta en marcha dos servizos de certificación para a obtención de certificados dixitais

En virtude do contrato asinado en outubro de 2010 coa Fábrica Nacional de Moneda e Timbre, xa está disponible o servizo de certificación que permite a obtención dos certificados dixitais necesarios para o desenvolvemento da administración electrónica.

O ámbito de aplicación do servizo prestado pola autoridade certificadora serán os concellos da Comunidade Autónoma de Galicia, a Xunta de Galicia, o CIXTEC e o SERGAS, así como as Universidades Públicas da CCAA de Galicia, o Consello de Contas, o Parlamento de Galicia, o Valedor do Pobo e as Deputacións Provinciais.

Os servizos de certificación permiten o uso dos seguintes tipos de certificados: certificados de empregado público, de selo electrónico, de selo de organismos, de servidor SSL, de atributos, de sede electrónica e xenéricos de componente software.

Os servizos de certificación prestados son os seguintes:

Xeración e xestión de claves para a emisión de certificados.
Rexistro de usuarios.
Emisión, revogación e arquivo de certificados de clave pública.
Publicación de certificados e do Rexistro de Certificados.

No portal iMIT xa están disponibles os formularios para que os organismos aos que aplica poidan facer a solicitude de tramitación dos certificados, guías de uso e documentación explicativa dos servizos.