Os centros educativos públicos galegos sitúanse á cabeza do Estado no acceso a servizos dixitais

Domingo 31 de Maio de 2020

Os centros educativos públicos galegos sitúanse á cabeza do Estado no acceso a servizos dixitais

• O 96% dos centros públicos galegos dispoñen de aulas virtuais, grazas aos proxectos EDIXGAL e Webs dinámicas, fronte o 41,3% da media estatal
• A estatística do Ministerio de Educación "Ensino non universitario. Sociedade da información e a comunicación nos centros educativos. Curso 2018-2019” sitúa a Galicia nos primeiros postos na maioría dos indicadores de dixitalización
• A Comunidade está nos tres primeiros postos nas ratios de ordenadores por alumnos e por grupos, así como na porcentaxe de centros con conexións ultrarrápidas e aulas conectadas en centros públicos

Os centros educativos públicos galegos sitúanse á cabeza do Estado na disposición de servizos dixitais provistos pola Administración pública como entornos virtuais de aprendizaxe, aulas virtuais e servizos na nube. Así se recolle na estatística "Ensino non universitario. Sociedade da información e a comunicación nos centros educativos. Curso 2018-2019", que vén de publicar o Ministerio de Educación e Formación Profesional e que reflicte a boa situación da dixitalización nos centros públicos galegos no contexto nacional. 

O 96% dos centros de ensino públicos de Galicia dispoñen de aulas virtuais, grazas aos proxectos EDIXGAL e Webs dinámicas, fronte o 41,3% da media estatal.  Ademais, o 99% dos centros públicos dispoñen de servizos na nube e o 93,3% dos centros públicos dispoñen de páxina web, fronte ao 86,9% a nivel nacional.

A dispoñibilidade de servicios educativos dixitais vai en consonancia coa implicación dos centros educativos públicos en proxectos relacionados coa tecnoloxía educativa, que en Galicia está nun 60,8%, moi por riba do 36,5% da media nacional, e só por detrás da Rioxa, Ceuta e Castela e León.

A estatística estatal, realizada na totalidade dos centros públicos, concertados e privados de España, analízanse parámetros como o número de ordenadores por alumno, o tipo e calidade da conexión a Internet dos centros educativos, a cobertura de WIFI dentro dos centros, a dispoñibilidade de sistemas dixitais interactivos nas aulas, ou de servicios de entornos virtuais de aprendizaxe e outros servicios educativos na nube.

Galicia, no relativo aos centros educativos públicos, situase mas primeiras posicións na maioría dos indicados medidos.

Ratio de ordenador por alumno e grupo
Así nos indicadores relativos ao número medio de alumnos por ordenador destinados a tarefas de ensino e aprendizaxe, nos destinados á docencia, e nos conectados a internet destinados a docencia situase na terceira posición, só por detrás do País Vasco e Estremadura, cunha media de 1 ordenador para cada 1,7 alumnos no primeiro caso, e 2 nos restantes, cando a media do estado e de 2,7 3,3 e 3,4 alumnos por ordenador. 

Igualmente, Galicia ocupa o terceiro posto do Estado en canto a ordenadores por grupo, con 10 equipos por grupo, só por detrás do País Vasco e de Illas Baleares e moi por riba da media nacional, que é 6,7 ordenadores por aula. 

Conectividade
No relativo aos indicadores relativo ao ancho de banda da conexión a Internet dos centros educativos, Galicia situase a cabeza xunto con Canarias, cun 96,7% dos centros públicos con conexión a Internet superior a 100 Mbps, fronte ao 35% en España. Esta porcentaxe crece ata o 98,1% se consideramos os centros con velocidade superior a 50 Mbps. 

Cabe destacar que nesta liña, realizouse nos últimos anos un investimento de preto de 20 millóns de euros, que permitiu situar a conectividade da case totalidade dos centros públicos galegos en valores superiores a 100 Mbps, e nunha velocidade media da rede superior a 300 Mbps. 

No relativo as aulas con conexión a Internet, Galicia tamén se sitúa no grupo cabeceiro, co 98,1% das aulas habituais de clase con conexión a Internet, por detrás de Valencia, Mellia, Ceuta, Canarias e Cataluña. En canto á porcentaxe de centros con cobertura WIFI, cunha porcentaxe do 98% Galicia sitúase por riba da media nacional que é de 93,6%.

No tocante á dotación de Sistemas Dixitais Interactivos, Galicia situase na cuarta posición, detrás de Melilla, Ceuta e Estremadura, cun 66,6% das aulas con estes servizo, fronte a 58 da media nacional. Neste ámbito cabe destacar o esforzo realizado nos últimos anos por dotar destes sistemas a todas as aulas entre 5º de Educación Primaria e 2º de Bacharelato.