Novas

Formulario de busca

Fondos

NovasNovas

Formulario de busca

cierra cierra

O vindeiro 3 de xuño o Centro Demostrador TIC acolle a presentación dunha plataforma en liña especializada no ámbito da formación

A xornada está dirixida a empresas de formación ou calquera outra entidade en busca de formadores especializados.

A sesión demostradora será en horario de 10.00 a 11.30 horas nas instalacións do CDTIC.

A asistencia é de balde, previa inscrición na páxina web do CDTIC https://cdtic.xunta.es/

O Centro Demostrador TIC, que xestiona a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), acollerá nas súas instalacións o día 3 de xuño unha sesión demostradora que leva por título “Wekab.com: contas cos mellores formadores?” (https://cdtic.xunta.es/WeKAb-centros-formacion) que se desenvolverá en horario de 10.00 a 11.30 horas.


Nesta actividade vaise presentar a plataforma en liña WeKAb, unha ferramenta especializada en formadores e expertos do ámbito da formación para o emprego ou lifelong learning, na que estes poden darse a coñecer, xerar reputación, formarse e ser accesibles ás empresas formadoras. WeKAb “conecta coñecemento”, xa que pon en contacto expertos e formadores con empresas formadoras, de forma áxil e co factor reputación como eixe central. Trátase dun proxecto cualificado como IEBT (Iniciativa de Emprego de Base Tecnolóxica) pola Xunta de Galicia que participa na iniciativa Galicia Open Future de Telefónica, en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, a Axencia Galega de Innovación (GAIN) e o IGAPE.

Esta sesión demostradora, impartida por Juan Diego Pereiro, está especialmente deseñada para consultoras de formación, academias, entidades sindicais, asociacións empresariais, administracións, empresas con departamento de recursos humanos, ximnasios e escolas deportivas, e, en xeral, calquera entidade, empresa ou organismo da Administración que contrate formadores directamente. Para participar nesta actividade cómpre inscribirse na web do CDTIC (https://cdtic.xunta.es/). A asistencia é de balde e aínda é posible anotarse, xa que as prazas, polo momento, non están cubertas.

Centro Demostrador TIC
O CDTIC, promovido pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, ten como obxectivo achegarlles a oferta de produtos tecnolóxicos ás empresas doutros sectores produtivos. O Centro constitúe un punto de encontro entre a oferta TIC e a demanda tecnolóxica do tecido empresarial galego.

Deste xeito, as empresas TIC poderán desenvolver solucións innovadoras adaptadas ás necesidades de mercado de empresas doutros sectores produtivos, que coñecerán os produtos TIC máis adecuados para optimizar os seus negocios e terán a oportunidade de trasladarlles demandas concretas ás empresas do ámbito tecnolóxico.

O Centro Demostrador TIC de Galicia é froito dun convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e o Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, a través de Red.es, e a súa misión é ofrecer un espazo de encontro entre a oferta e a demanda tecnolóxica.