O próximo día 20 de maio remata o prazo de votación para escoller os mellores videos participantes no “I concurso de curtas co móbil na rede CeMIT”

Venres 04 de Maio de 2012

O próximo día 20 de maio remata o prazo de votación para escoller os mellores videos participantes no “I concurso de curtas co móbil na rede CeMIT”

Como saberedes, nesta fase final participan 22 curtas realizadas por alumnos e alumnas de diversos centros educativos e IES da nosa comunidade e teñen en común o plasmar, cunha gran creatividade e ilusión, as funcionalidades que ofrecen a rede de aulas CeMIT así como as vantaxes das novas tecnoloxías e o seu impacto na vida cotidiá.
 
Agora depende de vos escoller por votación directa a través do facebook, mediante o sistema “Gústame”  as  mellores curtas que optarán os premios establecidos ao efecto.
 
Por tal motivo,  invítovos a visitar a páxina http://www.facebook.com/imitxunta onde poderedes visualizar as curtas participantes e votar por aquela que mais os guste. Pensamos que todas teñen un bo nivel e estará moi reñido, polo que recoméndovos darlle unha ampla difusión a esta posibilidade de votar a través de internet para conquerir o maior número de votos posible, agora que soamente quedan uns poucos días.
 
Tede en conta que é unha forma de premiar xa non só o traballo do alumnado participante, senón ao traballo que hai por detrás tanto a nivel  do seu centro educativo como da aula CeMIT do concello correspondente.
 
Grazas pola vosa participación.