O Centro Demostrador TIC acolle a presentación en Galicia de Wayra

Martes 09 de Outubro de 2012

O Centro Demostrador TIC acolle a presentación en Galicia de Wayra

É unha iniciativa para promover proxectos de emprendedores impulsada por Telefónica Digital

Máis de medio cento de representantes de centros tecnolóxicos e empresas innovadoras asistiron ao acto

Máis de medio cententar de representantes de centros tecnolóxicos e empresas emprendedoras galegas participaron esta mañá á presentación en Galicia da iniciatia Wayra, impulsada por Telefónica Digital.

A presentación correreu a cargo de Josep Amorós, director da Academia Wayra de Madrid, que será presentado polo director de Telefónica en Galicia, Manuel Alonso. Participou tamén Yolanda García Ulla, directora da Área de Sociedade Dixital de la Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), que colaborou na convocatoria do acto.

Wayra ten como principal obxectivo identificar talentos en Europa e Latinoamérica no campo das novas Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC´ s) e impulsalos no seu desenvolvemento a través dun apoio integral, dotando os emprendedores das ferramentas tecnolóxicas e de xestión, e do financiamento necesario para converter o seu proxecto de negocio nunha realidade.

Dende o seu lanzamento en abril de 2011, Wayra realizou convocatorias en varios países e puxéronse en marcha 12 academias (dous en España, Madrid e Barcelona). En concreto, grupos de startups está a acelerarse xa nas academias de Bos Aires, Lima, Cidade de México, Bogotá, Caracas, Sao Paulo, Santiago, Madrid, Barcelona, Londres, Dublín e Múnic.

O obxectivo é dar unha oportunidade ao talento nos seus países de orixe e reter a súa creatividade e innovación na rexión. Así, Wayra pretende converterse nunha aceleradora para o desenvolvemento de futuros ecosistemas de proxectos tecnolóxicos, coñecidos como "Sillicon Valleys" e conseguir un impacto relevante nas economías dos países onde opera Telefónica.

Para Telefónica e Wayra, acelerar un proxecto non consiste só en proporcionar financiamento, senón en facilitar un modelo integral e completo de aceleración, que consiste en dar apoio e asesoramento na xestión do negocio (asesoría legal, contable, financeira, formación, seguimento...), soporte tecnolóxico, proporcionar un espazo físico de traballo en cada un dos países onde Wayra está presente (isto é, un ámbito de traballo pensado para facilitar a creatividade, o desenvolvemento e intercambio de ideas, o networking,... e onde se dispón das infraestruturas básicas e o soporte administrativo necesario para poñer en marcha unha idea) e, finalmente, apoiar financeiramente aos proxectos cunha cantidade que oscila entre os 30.000 e os 70.000 dólares.

Os emprendedores e o talento interesado en participar na iniciativa poden enviar os seus proxectos e propostas ás distintas convocatorias abertas por Wayra (www.wayra.org) en cada país. Entre os proxectos recibidos para cada convocatoria realízase unha pre-selección de 30 proxectos que deben participar nunha "final" presencial durante a denominada Wayra Week. Ao final de cada unha destas convocatorias, e tras unha rigorosa selección, o obxectivo é seleccionar ao redor de dez proxectos a "acelerar" durante un período aproximado de seis meses.