Mato reúnese en Vigo con responsables da Alianza Tecnolóxica Intersectorial de Galicia para estudar un proxecto de formación

Mércores 02 de Setembro de 2015

Mato reúnese en Vigo con responsables da Alianza Tecnolóxica Intersectorial de Galicia para estudar un proxecto de formación

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, mantivo hoxe en Vigo unha xuntanza con responsables da Alianza Tecnolóxica Intersectorial de Galicia (Atiga) na que analizaron a viabilidade de levar a cabo un proxecto de formación conxunto coa asociación de centros tecnolóxicos. O obxectivo é mellorar a formación en sectores innovadores.