Novas

Formulario de busca

Fondos

NovasNovas

Formulario de busca

cierra cierra

Mar Pereira destaca o esforzo de Galicia por posicionarse como territorio preferente na extensión do 5G

• Foi das primeiras comunidades contar cun plan para favorecer a extensión desta tecnoloxía
• Hoxe hai en marcha en Galicia máis de 30 pilotos de 5G cun investimento público privado de 22 millóns de euros
• A directora da Amtega clausurou hoxe o webinario “5G, unha revolución en marcha”


As redes móbiles de quinta xeración van moito máis aló dunha evolución da tecnoloxía actual e o Goberno galego vén traballando desde 2018 no obxectivo de posicionar á Comunidade como territorio preferente na extensión das redes 5G. Así o destacou a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, na clausura do webinario, 5G, unha revolución en marcha, organizado por APD en colaboración con Vodafone.  

Neste sentido, Mar Pereira lembrou que Galicia foi a primeira Comunidade que aprobou  un Plan para facilitar a extensión da tecnoloxía  5G, que nun ao puxo en marcha as súas principais liñas de actuación como a creación dun Nodo Galicia 5G co compromiso dos tres principais operadores (Vodafone, Telefónica e  Orange) de realizar os primeiros casos de uso. 

Deste xeito Galicia conformou un ecosistema e un contexto que favoreceu a aposta dos operadores pola Comunidade para desenvolver as súas iniciativas de 5G e que favoreceu que  hoxe, e grazas ao  impulso da administracións autonómica e estatal, se estean a desenvolver máis de 30 pilotos de 5G en ámbitos como a sanidade, a loita contra os incendios, a industria, o vehículo conectado, o turismo ou a educación.

5G na Estratexia Dixital de Galicia
O 5G é unha das tecnoloxías disruptivas sobre a que pivotará a transformación dixital da vindeira década e así se recolle tamén na Estratexia Galicia Dixital 2030, recentemente aprobada polo Consello do Goberno Galego. 

O compromiso é seguir avanzando no impulso destas redes para que Galicia aproveite  ao máximo  as posibilidades  do 5G, a  tecnoloxía sen fíos do futuro, que permitirá as mesmas prestacións que a fibra e, polo tanto, unha tecnoloxía clave para mellorar a conectividade nun territorio caracterizado pola dispersión e a complexidade orográfica.

A extensión do 5G posibilitará a disposición de servizos avanzados en moitos ámbitos, especialmente en eidos clave como a sanidade e a educación,  desenvolver novos modelos de negocio e consolidar a especialización tecnolóxica no territorio.