Novas

Formulario de busca

Fondos

NovasNovas

Formulario de busca

cierra cierra

Mañá ábrese o prazo para que os centros educativos se adhiran ao programa de reforzo das competencias dixitais, “Digicraft no teu cole”

• Ata 50 centros poderán beneficiarse desta iniciativa, dirixida a alumnos de 6 a 12 anos, que emprega unha metodoloxía de aprendizaxe específica baseada no xogo e a experimentación
• Galicia é a primeira Comunidade na que a Fundación Vodafone pon en marcha este programa, grazas a un acordo asinado coa Consellería de Educación e a Amtega


Hoxe o Diario Oficial de Galicia (DOG) publica a convocatoria para que os centros educativos poidan adherirse ao Programa “Digicraft no teu cole”, promovido pola Fundación Vodafone en colaboración coa Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega). Segundo se recolle no DOG, os centros interesados poden realizar a súa solicitude desde mañá e ata o vindeiro 30 de setembro.

Ata 50 centros escolares poderán beneficiarse desta iniciativa dirixida a nenos e nenas de entre 6 e 12 anos. Galicia é a primeira Comunidade na que a Fundación Vodafone pon en marcha “Digicraft no teu cole”, que terá unha duración de dous anos e enmárcase no Plan de Promoción do Talento Dixital de Galicia ‘DigiTalent’ impulsado pola Amtega.

Os centros que se adhiran a Digicraft terán acceso a formación para que os profesores poidan impartir o programa nas aulas, así como aos materiais descargables para o desenvolvemento das actividades e dotación de tabletas e kits tecnolóxicos, que permitirán aos docentes e alumnado desenvolver as actividades establecidas.
 
O programa articúlase ao redor da metodoloxía DigiCraft, un sistema de aprendizaxe específico baseado no xogo e a experimentación, deseñada pola Universidade de Salamanca para a Fundación Vodafone España para axudar aos nenos e nenas a adaptarse a unha sociedade dixital en rápida evolución e para mostrarlles as posibilidades que o mundo dixital ofrece. 

Plan Digitalent
“DigiCraft no teu cole” enmarcase nas iniciativas do Plan de Promoción do Talento Dixital de Galicia 2020, DigiTalent, para impulsar as vocacións científico-tecnolóxicas e os novos perfís dixitais.  O Plan, que se puxo en marcha este curso está a desenvolver 15 iniciativas en colaboración cos axentes do ecosistema dixital

Toda a información sobre as novas actividades e as que están en curso están dispoñibles no portal do Plan DigiTalent digitalent.xunta.gal.