Novas

Formulario de busca

Fondos

NovasNovas

Formulario de busca

cierra cierra

Galicia lidera o proxecto europeo STAMAR para integrar solucións tecnolóxicas nas pemes do sector marítimo do Espazo Atlántico

A iniciativa está encabezada pola Amtega e conta coa participación como socio da GAIN, ademais de 8 entidades de Francia, Reino Unido, Irlanda e Portugal.

Conta cun orzamento de 1.3 millóns de euros, financiado nun 65% por fondos FEDER no marco do Programa Operativo Espazo Atlántico.

Crearase un catálogo das solucións TIC existentes hoxe en dia no arco Atlántico Europeo e identificaranse tecnoloxías non existentes no mercado para desenvolver novos produtos aplicables ás pemes do sector marítimo.

O Centro Demostrador TIC de Galicia será o referente do resto dos países para para desenvolver un Centro Demostrador transnacional no que as empresas do sector marítimo poidan coñecer as innovacións tecnolóxicas dispoñibles.

Galicia lidera o proxecto europeo STAMAR – Escaparate de Tecnoloxías aplicables a pemes do Sector Marítimo na Área Atlántica- que ten como obxectivo que as pequenas e medianas empresas do sector marítimo coñezan as innovacións tecnolóxicas máis relevantes, aplicables ao seu sector para que poidan incorporalas aos seus procesos produtivos e mellorar a súa competitividade económica e comercial.


STAMAR está liderado pola Administración autonómica, a través da Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), e conta coa participación como socio da Axencia Galega de Innovación (GAIN), ademais de 7 entidades de referencia no eido da transferencia tecnolóxica, a innovación e a economía marítima de Francia, Reino Unido, Irlanda e Portugal.

A iniciativa foi presentada esta mañá aos axentes implicados, centros tecnolóxicos e de investigación ligados ás Universidades, empresas do sector TIC, representantes de administracións públicas relacionadas coa temática e.pemes do sector marítimo, nunha xornada técnica inaugurada pola directora da Amtega, Mar Pereira, na que estivo acompañada pola directora da Área de Programas da GAIN, Pilar Morgade.

Orzamento e atuacións de STAMAR
A iniciativa conta cun orzamento total de 1.341.881,81 euros, financiado nun 65% por fondos FEDER no marco do Programa Operativo Espazo Atlántico Cómpre destacar que o proxecto galego STAMAR foi unha das oito propostas seleccionadas entre as máis de 100 iniciativas presentadas a estes Programa europeo.

O proxecto, que arrancou a principios de este ano e continuará ata xuño de 2015, desenvolverá as seguintes actuacións nos cinco países participantes:

Primeiro, catalogar as solucións tecnolóxicas existentes, elaborando un portfolio transnacional das mellores tecnoloxías intensivas TIC existentes en cada rexión participante (Irlanda, Bretaña, Escocia, Norte e Sur de Portugal, e Galicia). Todas elas con una notable tradición e experiencia no eido maritimo-pesqueiro. Unha liña de traballo que xa está en marcha

Segundo, difundir as solucións TIC identificadas a través de xornadas de demostración (11 en total, 2 delas en Galicia), co obxectivo de que a lo menos o 80% das pemes do sector en Galicia coñezan coñezan todas as tecnoloxías existentes ao seu alcance.

Terceiro, fomentará o traballo conxunto na busca de potenciais colaboracións entre unhas 100 pemes e 14 Centros Tecnolóxicos ou de investigación a través de 10 eventos de Co-creation (2 deles en Galicia).

Cuarto, impulsar a transferencia tecnolóxica. A achega de STAMAR ás pemes do sector marítimo non se limita só ao fomento do coñecemento das solucións tecnolóxicas, senón que busca impulsar a súa transferencia práctica. Con este obxectivo seleccionaranse 7 tecnoloxías (2 en Galicia) que aínda non estean no mercado para ser valorizadas e realizaranse pilotos de implantación en PEMES interesadas en incorporar estas solucións tecnolóxicas concretas.

O CDTIC de Galicia, referencia dos restantes socios
Unha parte fundamental do proxecto é o Centro Demostrador TIC de Galicia, que será o modelo a seguir polo resto de rexións participantes a modo de escaparate tecnolóxico e referencia no impulso e uso das TICs nos sectores produtivos a través principalmente da asesoría, capacitación e formación tecnolóxica.

A Amtega puxo en marcha o CDTIC hai tres anos, período no que se consolidou como o escaparate tecnolóxico de Galicia, grazas ás súas actividades de impulso e a difusión do uso das TICs nos sectores produtivos galegos. Máis de 900 empresas e preto de 3.000 asistentes participaron nas súas actividades ou accederon aos seus servizos asesoría, capacitación e formación tecnolóxica.