Novas

Formulario de busca

Fondos

NovasNovas

Formulario de busca

cierra cierra

As solucións tecnolóxicas para o sector pesqueiro centrarán a xornada que organiza o Centro Demostrador TIC o 21 de decembro

Mostrarase ás empresas da industria transformadora de produtos pesqueiros aplicacións que posibiliten a modernización do seu negocio

A xornada vai dirixida aos profesionais e persoal técnico, xerentes ou directivos de empresas da nosa comunidade, principalmente do sector pesqueiro

As empresas, entidades ou persoas interesadas poden inscribirse vía web na ligazón http://cdtic.xunta.es/inscribir

O Centro Demostrador TIC acollerá a o vindeiro 21 de decembro unha xornada demostradora sobre "Solucións tecnolóxicas para a modernización da Industria Transformadora de Produtos da Pesca", na que se exporá ao tecido empresarial do sector diversas solucións tecnolóxicas que posibiliten a modernización do seu negocio, a mellora do seu posicionamento na economía galega, así como a apertura a novos mercados.

A Xornada, que se celebrará en horario de 10:00h a 14:00h, fará un percorrido por distintas solucións TIC como poden ser unha solución para o control do proceso de trazabilidade e outros procesos da cadea de valor, baseada en tecnoloxía RFID; unha aplicación para a automatización nos procesos de clasificación e primeira venda dos produtos pesqueiros; unha solución que permite a descarga automática de temperaturas nos colectores marítimos refrixerados e outra baseada na interpretación de comandos de voz dun usuario nun ámbito loxístico. As empresas encargadas de presentar estas solucións son CTI, LEVEL TELECOM, SAECDATA e WARNIER. Ademais, Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas foi invitada á xornada como caso de éxito para que conte a súa experiencia.

A xornada vai dirixida aos profesionais e persoal técnico, xerentes ou directivos de empresas da nosa comunidade, principalmente do sector da transformación de produtos da pesca.

A asistencia é de balde, condicionada ao aforo do local e previa inscrición en liña a través do portal web do Centro Demostrador TIC (http://cdtic.xunta.es/inscribir).A xornada, que se celebrará en horario de 10:00h a 13:45h, fará un percorrido por distintas solucións TIC como poden ser un sistema para o control do proceso de trazabilidade e outros procesos da cadea de valor, unha aplicación de intelixencia de negocio que axude aos directivos na toma de decisións estratéxicas para a súa empresa ou unha solución de xestión empresarial e planificación de recursos.

A xornada vai dirixida aos profesionais e persoal técnico e/ou xerentes ou directivos de empresas da comunidade, principalmente do sector téxtil. A asistencia é de balde, condicionada ao aforo do local e previa inscrición en liña a través do portal web do Centro Demostrador TIC (http://cdtic.xunta.es/inscribir).

Centro Demostrador
O Centro Demostrador TIC de Galicia, posto en marcha pola Xunta de Galicia, constitúe un espazo de referencia no que as empresas, universidades, centros tecnolóxicos, asociacións, confederacións e colexios profesionais galegos poden acceder ás últimas novidades tecnolóxicas e comprobar, de forma práctica, a mellora que supón a implantación destas novas tecnoloxías na súa produtividade.

Neste senso, o Centro Demostrador TIC organiza o vindeiro 21 de decembro unha Xornada Demostradora co título

Centro Demostrador TIC
O CDTIC, promovido pola Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, ten como obxectivo facilitar ás empresas do sector tecnolóxico os medios para acercar a súa oferta de produtos ás empresas doutros sectores produtivos. O Centro constitúe un punto de encontro entre a oferta TIC e a demanda tecnolóxica do tecido empresarial galego.

O Centro é unha ferramenta que serve de escaparate tecnolóxico do sector TIC galego e axudará a consolidar a marca Galicia o que favorecerá o seu posicionamento no mercado e a súa internacionalización.

Deste xeito, as empresas TIC poderán desenvolver solucións innovadoras adaptadas ás necesidades de mercado de empresas doutras áreas como a automoción, a construción o naval, a enerxía, o téxtil…, que coñecerán os produtos TIC máis adecuados para optimizar os seus negocios e terán a oportunidade de trasladarlles demandas concretas ás empresas do ámbito tecnolóxico.

A día de hoxe, e desde a súa posta en marcha no mes de xullo, máis dunha ducia de empresas galegas presentaron as súas solucións tecnolóxicas no centro e foron máis de 140 os profesionais que se achegaron para participar nas actividades e coñecer as súas instalacións.

Este escaparate tecnolóxico de Galicia é froito dun convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, a través de red.es, e está cofinanciado con fondos FEDER.