A Xunta e o aliado dixital FEGAUS achegan a tecnoloxía e a banca online ás persoas maiores cun novo programa formativo
• Ofrecen máis de 50 seminarios a través da Rede CeMIT, que poden seguirse de forma online ou presencial
• Os contidos destas charlas están orientados a fomentar o uso da tecnoloxía e a banca online por parte das persoas maiores para facilitar a súa integración no novo contexto social dixital
• As datas e as inscrición para esta programación de actividades, que se estenderá durante todo o ano, pode realizarse de xeito gratuíto no portal da Rede

A Federación Galega de Asociacións Universitarias Séniors (FEGAUS), en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, inicia un novo programa formativo que ofrecerá máis de 50 charlas orientadas a fomentar o uso da tecnoloxía e a banca online. Os seminarios están especialmente orientados ás persoas maiores, aínda que a inscrición está aberta para todas as persoas interesadas en ampliar os seus coñecementos nestes ámbitos.
A Rede CeMIT colaborará a través de emisións online e presenciais que poderán seguirse desde as súas aulas. Neste momento son 14 as localidades que se suman a esta iniciativa: Abegondo, Arzúa, Beariz, Boiro, Carballedo, Castrelo de Miño, Celanova, Cuntis, Fisterra, Ribadeo, Ortigueira, Ponteareas, Santa Comba e Valga.
As persoas interesadas en participar contarán co asesoramento dos dinamizadores/as dos centros durante o proceso de alta e conexión ás charlas, no caso de que desexen seguir estas sesións desde os seus fogares de xeito online.
Para a formalización das inscricións para participar de xeito presencial é recomendable poñerse en contacto cos responsables das aulas CeMIT participantes en cada seminario ou na web https://cemit.xunta.gal. O único requisito esixible é ser ou darse de alta como usuario/a da Rede ou, no caso de seguir os cursos desde a casa, inscribirse desde a web de Fegaus en Canal Sénior, https://fegaus.canalsenior.es/agenda.
Os contidos formativos preséntanse de xeito ameno e sinxelo e están orientados a que os asistentes poidan sacar o máximo partido a través de sesións gratuítas de 60 minutos de duración, en horario de mañá e tarde, de 10.30 a 11:30 horas, e de 17.00 a 18:00 horas, e versarán sobre temáticas moi diversas como:
- Consumo Sénior: Como evitar o spam telefónico, Nova tarifa da luz, coñécea e aforra na túa factura!, Dereitos do consumidor nos produtos e servizos dixitais, etc.
- Soidade: A importancia de falar en positivo, Consellos útiles para xestionar os teus medos, Vivir o duelo como un proceso natural, etc.
- Dinamízate: Atrévete con Facebook, Atopa a túa app de relaxación ideal e practica cada día, Si o Sabes! Descubre os xogos de preguntas máis interesantes para o teu móbil, etc.
- Rural TIC: Que é a Administración electrónica, Trámites online sen certificado electrónico, Novidades do DNI electrónico (4.0), etc.
- Relaciona TIC: Outras formas de ler, apps de relatos en chat e audiolibros, App para vender aquelo que xa non usas, Conecta os teus dispositivos: altofalantes intelixentes, reloxos, enchufes, etc.
- Banca Dixital: Séniors TIC: Aprende a usar un caixeiro automático, Pagos seguros por internet, Como acceder á túa conta bancaria, Tarxetas prepago: recarga cando queiras e paga con tranquilidade, etc.
A Federación Galega de Asociacións Universitarias Séniors (FEGAUS)
FEGAUS é un dos máis de 950 aliados dixitais que está a contribuír activamente no desenvolvemento da sociedade dixital en Galicia no marco da súa responsabilidade social empresarial, mediante a achega de coñecemento. Así mesmo, FEGAUS agrupa a 7 asociacións de alumnos e ex-alumnos dos Programas de Maiores dos 7 campus universitarios pertencentes ás tres universidades de Galicia: Santiago, A Coruña e Vigo, contando con arredor de 2.000 alumnos sénior.
A Rede CeMIT
A Rede CeMIT é unha iniciativa posta en marcha pola Amtega que conta coa colaboración de 91 concellos e está integrada por 97 centros en 52 comarcas, co obxectivo común de transformar á cidadanía galega nunha sociedade plenamente dixital, ofrecendo recursos de capacitación adaptados ao nivel de coñecemento das persoas usuarias.
SEMINARIOS POR CICLOS FORMATIVOS
Ciclo Soidade
Programación |
Seminarios |
Aulas participantes na modalidade online |
10 de marzo 17:00 a 18:00 horas |
Coa mente na saúde. Descubre que son os pensamentos intrusivos e como bloquealos |
Castrelo de Miño, Celanova, Ponteareas |
17 de marzo 17:00 a 18:00 horas |
Coa mente na saúde. Consellos útiles para xestionar os medos |
Castrelo de Miño, Celanova, Ponteareas |
24 de marzo 17:00 a 18:00 horas |
Coa mente na saúde. Vivir o duelo como un proceso natural |
Castrelo de Miño, Ponteareas |
29 de setembro 10:30 a 11:30 horas |
De Londres a Ámsterdam sen saír da casa: visita gratis o Museo Británico e o Rijks Museum |
Beariz, Arzúa, Carballedo, Cuntis, Santa Comba, Castrelo de Miño |
6 de outubro 10:30 a 11: 30 horas |
Atopa grupos sobre os teus temas favoritos en rrss |
Boiro, Beariz, Arzúa, Carballedo, Cuntis, Santa Comba, Castrelo de Miño |
13 de outubro 10:30 a 11:30 horas |
Apps interesantes para sendeiristas: camiña seguro e en compañía |
Boiro, Beariz, Arzúa, Carballedo, Cuntis, Valga, Santa Comba, Castrelo de Miño |
Ciclo Dinamízate
Programación |
Seminarios |
Aulas participantes na modalidade online |
18 de marzo 10:30 a 11:30 horas |
Atrévete con Facebook (I): Primeiros pasos |
Ribadeo, Beariz, Abegondo, Ortigueira, Santa Comba, Castrelo de Miño, Celanova, Fisterra |
24 de marzo 10:30 a 11:30 horas |
Atrévete con Facebook (II): Personaliza a túa conta (privacidade, conexións…) |
Ribadeo, Boiro, Beariz, Abegondo, Ortigueira, Santa Comba, Castrelo de Miño, Celanova |
31 de marzo 10:30 a 11:30 horas |
Dietas a medida: como coidarme se teño diabetes |
Beariz, Abegondo, Santa Comba, Castrelo de Miño, Celanova |
7 de abril 10:30 a 11:30 horas |
Dietas a medida: coidando o meu colesterol |
Beariz, Cuntis, Santa Comba, Castrelo de Miño |
19 de maio 10:30 a 11:30 horas |
Si o sabes! Descubre os xogos de preguntas máis interesantes para o teu móbil |
Beariz, Abegondo, Carballedo, Cuntis, Santa Comba, Valga, Castrelo de Miño, Celanova |
26 de maio 10:30 a 11:30 horas |
Atopa a tu app de relaxación ideal e practica cada día |
Beariz, Cuntis, Santa Comba, Valga, Castrelo de Miño |
2 de xuño 17:00 a 18:00 horas |
Arte prehistórico: así comezou todo |
Beariz, Cuntis, Santa Comba, Valga, Castrelo de Miño |
9 de xuño 17:00 a 18:00 horas |
A Arte das primeiras civilizacións |
Beariz, Cuntis, Santa Comba, Valga, Castrelo de Miño |
Ciclo Rural TIC
Programación |
Seminarios |
Aulas participantes na modalidade online |
Aulas participantes na modalidade presencial |
1 de abril 10:30 a 11:30 horas |
Que é a Administración Electrónica |
Ribadeo, Boiro, Beariz, Abegondo, Carballedo, Ortigueira, Santa Comba, Valga, Castrelo de Miño, Ponteareas, Fisterra |
|
21 de abril 10:30 a 11:30 horas |
Que son os datos abertos da Administración? |
Beariz, Carballedo, Valga, Celanova, Santa Comba, Castrelo de Miño |
Ponteareas |
19 de setembro 10:30 a 11:30 horas |
Nocións básicas da ciberseguridade (I) |
Boiro, Beariz, Arzúa, Carballedo, Santa Comba, Valga, Abegondo, Cuntis, Castrelo de Miño |
Celanova |
26 de setembro 10:30 a 11:30 horas |
Nocións básicas da ciberseguridade (II) |
Beariz, Arzúa, Carballedo, Santa Comba, Valga, Abegondo, Castrelo de Miño |
Cuntis |
3 de outubro 10:30 a 11:30 horas |
Identificación na Rede: certificadodixital |
Boiro, Beariz, Arzúa, Carballedo, Santa Comba, Valga, Celanova, Cuntis, Castrelo de Miño |
Ponteareas |
10 de outubro 10:30 a 11:30 horas |
Identificación na Rede: sistema cl@ve |
Boiro, Beariz, Arzúa, Carballedo, Santa Comba, Valga, Celanova, Cuntis, Castrelo de Miño |
Abegondo |
17 de outubro 10:30 a 11:30 horas |
Novidades do DNI electrónico (4.0) |
Boiro, Beariz, Arzúa, Carballedo, Santa Comba, Valga, Celanova, Cuntis, Castrelo de Miño |
Ribadeo |
24 de outubro 10:30 a 11:30 horas |
Trámites online sen certificado electrónico |
Beariz, Arzúa, Carballedo, Santa Comba, Valga, Celanova, Cuntis, Castrelo de Miño |
Ribadeo |
Ciclo Consumo Sénior
Programación |
Seminarios |
Aulas participantes na modalidade online |
19 de abril 12:00 a 13:00 horas |
Compras seguras en internet |
Boiro, Beariz, Arzúa, Carballedo, Santa Comba, Valga, Castrelo de Miño, Ponteareas |
26 de abril 12:00 a 13:00 horas |
Nova tarifa de luz: coñécea e aforra na túa factura! |
Boiro, Beariz, Arzúa, Carballedo, Santa Comba, Valga, Castrelo de Miño, Celanova, Ponteareas |
3 de maio 12:00 a 13:00 horas |
Novos métodos de pago: bizum, pago por móbil, tarxeta revolving, criptomoeda |
Beariz, Arzúa, Cuntis, Santa Comba, Valga, Castrelo de Miño, Ponteareas |
10 de maio 12:00 a 13:00 horas |
Dereitos como consumidor nos produtos e servizos dixitais |
Boiro, Beariz, Arzúa, Carballedo, Cuntis, Santa Comba, Valga, Castrelo de Miño, Celanova, Ponteareas |
18 de maio 12:00 a 13:00 horas |
Publicidade ao límite: límites legais das ofertas |
Beariz, Arzúa, Cuntis, Valga, Castrelo de Miño, Ponteareas |
24 de maio 12:00 a 13:00 horas |
Super online: dereitos do consumidor ante compras de alimentación online |
Boiro, Beariz, Arzúa, Cuntis, Santa Comba, Valga, Castrelo de Miño, Celanova, Ponteareas |
31 de maio 12:00 a 13:00 horas |
Cales son os dereitos do consumidor cos novos períodos de garantía vixente? |
Beariz, Arzúa, Cuntis, Santa Comba, Valga, Castrelo de Miño, Celanova, Ponteareas |
7 de xuño 12:00 a 13:00 horas |
Reclamacións e conflitos? Pásate á arbitraxe de consumo |
Beariz, Arzúa, Carballedo, Santa Comba, Valga, Castrelo de Miño, Celanova, Ponteareas |
14 de xuño 12:00 a 13:00 horas |
Como evitar o spam telefónico: a listaxe Robinson |
Boiro, Beariz, Arzúa, Carballedo, Cuntis, Santa Comba, Valga, Castrelo de Miño, Celanova, Ponteareas |
21 de xuño 12:00 a 13:00 horas |
A Axenda 2030 dos consumidores |
Beariz, Arzúa, Cuntis, Ortigueira, Santa Comba, Valga, Castrelo de Miño, Celanova, Ponteareas |
Ciclo Relaciona TIC
Programación |
Seminarios |
Aulas participantes na modalidade online |
Aulas participantes na modalidade presencial |
16 de xuño 10:30 a 11:30 horas |
Outras formas de ler: apps de relatos en chat e audiolibros |
Beariz, Arzúa, Cuntis, Ortigueira, Valga, Celanova, Ponteareas, Santa Comba, Castrelo de Miño |
Ribadeo |
23 de xuño 10:30 a 11:30 horas |
Apps para vender facilmente o que xa non usas |
Beariz, Arzúa, Carballedo, Cuntis, Ortigueira, Santa Comba, Valga, Castrelo de Miño, Celanova, Ponteareas, Fisterra |
Abegondo |
30 de xuño 10:30 a 11:30 horas |
Atopa, compra, vende, subasta: coñece as mellores apps para coleccionistas |
Beariz, Arzúa, Carballedo, Cuntis, Ortigueira, Valga, Castrelo de Miño, Celanova, Ponteareas |
Santa Comba |
3 de novembro 10:30 a 11:30 horas |
Comezando con Tik Tok: crea a túa conta e divírtete |
Boiro, Beariz, Arzúa, Carballedo, Cuntis, Ortigueira, Santa Comba, Valga, Castrelo de Miño, Celanova, Ponteareas |
Abegondo |
10 de novembro 10:30 a 11:30 horas |
Apps para manternos en forma: fai do teu móbil o teu entrenador |
Beariz, Abegondo, Arzúa, Carballedo, Cuntis, Santa Comba, Valga, Celanova, Ponteareas |
Castrelo de Miño |
17 de novembro 10:30 a 11:30 horas |
Limpa e mellora a vida útil do teu móbil con estas apps |
Boiro, Beariz, Arzúa, Carballedo, Cuntis, Valga, Castrelo de Miño, Celanova, Ponteareas, Fisterra |
Santa Comba |
Ciclo Banca Dixital Séniors TIC
Programación |
Seminarios |
Aulas participantes na modalidade online |
Aulas participantes na modalidade presencial |
18 de maio 17:00 a 18:00 horas |
Dez regras esenciais para o uso seguro da banca dixital |
Boiro, Arzúa, Carballedo, Santa Comba, Valga, Castrelo de Miño, Ponteareas, Fisterra |
Cuntis |
25 de maio 10:30 a 11:30 horas |
Aprende a usar un caixeiro automático (I) |
Boiro, Beariz, Arzúa, Santa Comba, Castrelo de Miño, Ponteareas, Fisterra |
Celanova |
1 de xuño 10:30 a 11:30 horas |
Aprende a usar un caixeiro automático (II) |
Beariz, Arzúa, Santa Comba, Castrelo de Miño, Ponteareas, Fisterra |
Abegondo |
8 de xuño 10:30 a 11:30 horas |
Como acceder á túa conta bancaria por internet |
Boiro, Beariz, Arzúa, Carballedo, Cuntis, Santa Comba, Valga, Ponteareas, Fisterra |
Castrelo de Miño |
15 de xuño 10:30 a 11:30 horas |
Pagos seguros por internet |
Boiro, Beariz, Arzúa, Carballedo, Santa Comba, Valga, Castrelo de Miño, Ponteareas, Fisterra, Cuntis |
Ribadeo |
22 de xuño 10:30 a 11:30 horas |
Coñece as apps dos bancos máis populares |
Boiro, Beariz, Arzúa, Valga, Castrelo de Miño, Ponteareas, Fisterra, Cuntis |
Santa Comba |
29 de xuño 10:30 a 11:30 horas |
Olvida a carteira: pásate ao moedeiro seguro no teu móbil |
Boiro, Beariz, Arzúa, Santa Comba, Valga, Castrelo de Miño, Ponteareas, Fisterra, Cuntis |
Ortigueira |
6 de xullo 10:30 a 11:30 horas |
Tarxetas prepago: recarga cando queiras e paga con tranquilidade |
Boiro, Beariz, Arzúa, Carballedo, Santa Comba, Valga, Castrelo de Miño, Ponteareas, Fisterra |
Cuntis |