Novas

Formulario de busca

Novas

Formulario de busca

A Xunta comunícalle aos empresarios do polígono das Somozas a inminente implantación da conexión ultrarrápida a internet

• O delegado territorial na Coruña, Ovidio Rodeiro, explicoulle aos interesados que a operadora R iniciará os traballos para darlle cobertura ao parque empresarial

• O Plan, impulsado pola Amtega, chegará este ano a seis novas superficies empresariais tras activar o servizo noutros 22 polígonos entre 2016 e 2017

 

O delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Ovidio Rodeiro, participou esta mañá nunha reunión con empresarios do parque empresarial das Somozas na que adiantou a inminente implantación da conexión ultrarrápida a internet, dentro do Plan de Banda Larga que está a desenvolver a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) en colaboración coa operadora R.

O Plan de Banda Larga da Xunta chegará este ano a catro novas superficies empresariais, acadando así un total de 28 polígonos conectados a redes ultrarrápidas na provincia grazas ao Plan. Ovidio Rodeiro estivo acompañado polo alcalde da localidade, Juan Alonso Tembrás, e polo responsable de Pequena e Mediana Empresa de R, Jacobo González. No encontro tamén participou a directora do Plan Ferrol, Natalia Barros. O delegado territorial explicou que as empresas “poderán contratar servizos de Internet a través de fibra óptica cunhas velocidades de ata 350 Mbps de baixada e 35 de subida, e cunha garantía de caudal do 80% sen límite de descargas”.

Ademais, R porá a disposición das empresas do polígono das Somozas a tecnoloxía necesaria para que poidan acometer a súa transformación dixital. Nesta liña están os servizos e solucións na nube, como a videoconferencia ou a posibilidade de usar os seus equipamentos e o software como servizo pagando só polo uso que deles fan. Outra opción á man destas empresas é o acceso aos servizos do chamado Internet das Cousas (IoT) e da industria 4.0, relacionados coa eficiencia enerxética, control de intrusións nas edificacións, servidores virtuais e analítica de datos (big data), entre outros.

As actuacións do Plan comezaron en agosto 2016 e ao remate de 2017 había xa 22 polígonos da provincia habilitados. Ao remate de 2018 cumprirase o obxectivo dos 26 previstos, que sumados aos que xa dispoñían do servizo, suporá que o 98% das superficies empresariais ocupadas da provincia terán acceso a redes de máis de 100 Mbps. Ademais das Somozas, para este ano está previsto que o Plan realice novas actuacións en polígonos de Cerceda, As Pontes e Curtis, entre outras.

O Plan xa completou o despregamento en 51 polígonos e este ano chegará aos 30 restantes. Deste xeito, en 2018, un total de 130 polígonos, que concentran case o 93% da superficie empresarial ocupada, disporán de acceso. A Amtega aporta unha axuda de 3,4 millóns de euros, que xerarán un investimento total de 5,2 millóns. Estas subvencións cofináncianse ao 75% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR).