Novas

Formulario de busca

Fondos

NovasNovas

Formulario de busca

cierra cierra

A Xunta abre á consulta cidadá para a aplicación que permitirá o acceso aos servizos da administración desde dispositivos móbiles

• A “Xunta no móbil” é un dos obxectivos da estratexia Galicia Dixital 2030 e do Plan de Administración e Goberno Dixital 2025 para facilitar e estender o uso dos servizos dixitais
• O portal da Xunta comezará a recibir a partir deste luns as ideas e opinións da cidadanía para desenvolver a App Xunta EU
• A aplicación concentrará os principais servizos administrativos da Xunta, aos que se accederá dun xeito doado, inmediato, personalizado e adaptado as características dos dispositivos móbiles


Baixo o epígrafe “Eu participo”, a sede electrónica da Xunta de Galicia abre a partir de mañá luns a consulta cidadá para recibir as aportacións da cidadanía para o desenvolvemento da aplicación para dispositivos móbiles que concentrará os principais servizos da Administración dixital.

As persoas que participen nesta consulta poderán valorar a importancia dunha serie de servizos para a súa inclusión na aplicación, e poderán tamén suxerir outras funcionalidades para a nova ferramenta.

Xunta EU será a aplicación móbil de referencia e ofrecerá os servizos da administración dixital dun xeito doado, inmediato, personalizado e adaptado ás características dos dispositivos móbiles. Segundo se destaca dende a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, encargada da creación desta App, para op seu desenvolvemento primarase a accesibilidade e a usabilidade.

Entre os servizos que está previsto que estean incluídos na aplicación atópanse o acceso as tarxetas acreditativas, como o carné xove ou a de familia numerosa, así como a obtención dos diferentes certificados oficiais.

A cidadanía poderá tamén xestionar desde teléfonos ou tabletas as citas coas oficinas de atención a cidadanía e rexistro, e recibirá todo tipo de avisos como o que advirte da proximidade da caducidade da Chave 365.

A nova aplicación incluirá, entre outros aspectos, a xestión dos datos persoais da Carpeta Cidadá, a consulta de expedientes, a consulta das entradas realizadas no rexistro, a consulta de apoderamentos ou a consulta de prestacións dos Servizos Sociais. A aplicación permitirá tamén firmar de xeito electrónico documentos administrativos dende os dispositivos móbiles.

A través do teléfono, as persoas usuarias poderán tamén subscribirse a informacións da Xunta en función dos seus interese, así como trasladar todo tipo de queixas e suxestións.

A “Xunta no móbil” é un dos obxectivos da Estratexia Galicia Dixital 2030 e estará incluído no III Plan de Administración e Goberno Dixital 2025 que será aprobado proximamente polo Consello de Goberno.