A Secretaría Xeral de Modernización licita a implantación de novas aplicacións na Administración de Xustiza

Mércores 23 de Setembro de 2009

A Secretaría Xeral de Modernización licita a implantación de novas aplicacións na Administración de Xustiza

Publicouse no DOG de 23 de setembro a resolución do 4 de setembro de 2009, da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, pola que se convoca a contratación, suxeita a regulación harmonizada polo procedemento aberto e trámite ordinario, do servizo de implantación de aplicacións na Administración de Xustiza en Galicia. O importe de contratación é de 605.172,41 € (IVE excluído), mentres que o IVE é de 96.827,59 €. O prazo de execución é de doce meses.