Novas

Formulario de busca

Fondos

NovasNovas

Formulario de busca

cierra cierra

A Estratexia Dixital de Galicia 2030 busca posicionar á comunidade nas tecnoloxías disrputivas con maior potencial cara a vindeira década

• A directora da Amtega inaugurou hoxe a conferencia do catedrático de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial, Humberto Bustince
• A futura folla de ruta dixital fará foco na aplicación novas tendencias tecnolóxicas en todos os ámbitos da economía e en atopar solucións para diminuír fenda entre a demanda e a dispoñibilidade de traballadores con competencias dixitais avanzadas


A Intelixencia Artificial e a súas aplicacións á medicina actual centraron o relatorio que o catedrático de Ciencias dá Computación e Intelixencia artificial dá  Universidade Pública de Navarra (UPN), Humberto  Bustince, impartiu hoxe no Gaiás..

O responsable e fundador de grupo de investigación da UPN sobre Intelixencia artificial e Razoamento Aproximado Bustince e galardoado este ano co Premio Nacional de Informática, inaugurou o ciclo de charlas tecnolóxicas que organizan a Asociación de Enxeñaría en Telecomunicación de Galicia e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

A directora da Axencia autonómica, Mar Pereira, que inaugurou o encontro xunto co presidente da AETG, Julio Agrelo, sinalou  que o obxectivo destes encontros é compartir con expertos de primeiro nivel ideas e experiencias ao redor das tecnoloxías disruptivas, que centrarán centrar as estratexias dixitais da próxima década e, loxicamente, a Estratexia Dixital de Galicia 2030.

Aposta polas tecnoloxías disruptivas
Neste sentido, Mar Pereira lembrou que a futura estratexia dixital galega, actualmente en fase de elaboración, fará foco nas oportunidades de aplicar novas tendencias tecnolóxicas en todos os ámbitos da economía; na necesidade de atopar solucións para diminuír fenda entre a demanda e a dispoñibilidade de traballadores con competencias dixitais avanzadas, e no impulso ao emprendemento tecnolóxico.

Pereira sinalou que Galicia aspira a ser a segunda comunidade que elabore unha estratexia sobre intelixencia artificial e que se  está a traballar na creación dunha rede de nodos de especialización tecnolóxica coordinados desde o  Gaiás. Xa está en marcha o  Nodo Galicia 5 G  e estase a traballar no de  Blockchain e o de Intelixencia artificial.

A Estratexia Dixital de Galicia 2030, aprobada o pasado mes de maio polo Consello da Xunta, pivotará sobre catro vectores, aliñados coas directrices europeas para incrementar o despregamento de tecnoloxías dixitais clave a gran escala e promover a súa adopción para que os beneficios da transformación dixital cheguen a todo o mundo.