Novas

Formulario de busca

Fondos

NovasNovas

Formulario de busca

cierra cierra

A Amtega e a AETG organizan a conferencia “Xemelgos Dixitais e o reto dos Buques Intelixentes”

• Será impartida o 28 de outubro na Cidade da Cultura polos enxeñeiros e Directores de Navantia, Donato Martínez Pérez de Rojas, Juan Ignacio Silvera Vez e Carlos Blanco Seijo
• O evento está dirixido tanto ao sector tecnolóxicos como ao resto de sectores e, por suposto, á cidadanía en xeral e ás administracións públicas


A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETG) organizan o 28 de outubro a conferencia “Xemelgos Dixitais e o reto dos buques intelixentes”, que forma parte do programa de transferencia de coñecemento sobre novas tendencias tecnolóxicas do convenio firmado ente Amtega e AETG.

A charla no Auditorio Xosé Neira Vilas da Cidade da Cultura (ás 11:15h e será impartida polos enxeñeiros e Directores de Navantia,  Donato Martínez Pérez de Rojas, Juan Ignacio Silvera Vez e Carlos Blanco Seijo

No evento presentarase unha visión xeral do plan de transformación que dará lugar ao Xemelgo Dixital no entorno da construción naval, abordarán os retos e oportunidades desta tecnoloxía e a súa implicación no ecosistema naval e marítimo, finalizando cunha exposición dun caso de aplicación nos futuros buques da Armada Española.

Destinatarios e inscricións
A xornada está dirixidas tanto ao sector TIC como ao resto de sectores e, por suposto, á cidadanía en xeral e ás administracións públicas

As persoas interesadas deberán confirmar a súa asistencia enviando un correo a  comunicacion@aetg.gal

Servizo de asesoramento a concellos 
Esta conferencia nace como unha iniciativa da Oficina Concellos xestionada pola AETG no marco do convenio firmado coa Amtega.

A Oficina Concellos ofrece un servizo de asesoramento e soporte especializado sobre normativa e solucións técnicas para o despregamento de infraestruturas de telecomunicación. Calquera concello que precise de axuda neste ámbito pode chamar ao teléfono 981 91 35 76 en horario de luns a venres de 9:00 a 14:00h ou ben enviar a súa consulta ao enderezo de correo electrónico oficinaconcellos@aetg.gal.