A Amtega convoca máis de 600 prazas para as probas de certificación galega de competencias dixitais en ofimática

Martes 13 de Marzo de 2018

A Amtega convoca máis de 600 prazas para as probas de certificación galega de competencias dixitais en ofimática

• Os exames presenciais celebraranse os días 25, 26 e 27 de abril nas aulas CeMIT de 44 concellos de toda Galicia

• Están orientadas a aquelas persoas que xa posúen os coñecementos necesarios ou que optan pola modalidade autoformativa

• Este certificado, que emite a Amtega, acredita os coñecementos nesta materia da persoa titular ante calquera instancia pública ou privada

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) convoca mais de 600 prazas de carácter libre para a avaliación para a obtención da certificación galega en competencias dixitais en ofimática (CODIX). Esta convocatoria, publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia, está aberta a toda a cidadanía en xeral que, ben pola súa experiencia ou pola súa formación adquirida por diferentes medios xa posúen os coñecementos necesarios  das aplicacións informáticas que compoñen o módulo formativo MF0233_2 «Ofimática» baixo o paquete de LibreOffice

O DOG de hoxe publica as datas das probas que se celebrarán os días 25, 26 e 27 de abril en diversas quendas de mañá e tarde que nesta ocasión vanse a  celebrar nas aulas CeMIT dos seguintes 44 concellos, que suman un total de 612 prazas dispoñibles:  

Abegondo, Ames, Arzúa, Betanzos, Boiro, Brión, Cerceda, A Coruña-Eiris, Fisterra, Oroso, Ortigueira, Pontedeume, As Pontes, Porto do Son, Ribeira, Sada, Santa Comba, Santiago de Compostela, Vimianzo, Barreiros, Burela, Carballedo, A Fonsagrada, Lugo, Ribadeo, Sarria, O Vicedo, Bande, O Barco, Castro Caldelas, Celanova, Leiro, Ourense, Xunqueira Ambía, Campo Lameiro, A Cañiza, Cuntis, A Estrada, Lalín, Marín, Moaña, Ponteareas, Pontevedra, O Porriño, Tomiño, Valga, Vigo e Vilagarcía de Arousa.

A inscrición poderá realizarse ben a través de internet desde o día seguinte o da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia ou presencialmente na aula de interese, sendo o único requisito o de ser usuario/a da rede CeMIT, trámite que tamén pode realizarse a través da rede.

Entre as persoas inscritas realizarase un sorteo alfabético para establecer a orde de prelación para poder efectuar a matrícula para as probas en cada quenda, no caso de que existan mais solicitantes que prazas convocadas nas diferentes aulas que realizarán as probas presenciais.

Avaliación

Para obter o CODIX é preciso superar un exame de 50 preguntas tipo test referidas aos contidos  do Plan Formativo Ofimático de Galicia, composto polas cinco unidades nas que se estrutura o módulo formativo MF0233_2 «Ofimática» do Repertorio Nacional de certificados de profesionalidade:

Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais. LibreOffice Base Aplicacións informáticas para presentacións: gráficas de información. LibreOffice Impress Aplicacións informáticas de tratamento de textos. LibreOffice Writer Aplicacións informáticas de follas de cálculo. LibreOffice Calc

Os materiais formativos que compoñen estes cursos foron elaborados seguindo as boas prácticas recollidas na  Guía de boas para a publicación de obras documentais da Xunta de Galicia  e poden ser seguidos libremente na súa modalidade de autoformación dentro da plataforma de teleformación da rede CeMIT http://cemit.xunta.gal/ema, na que se poden consultar tanto os contidos específicos dos diversos módulos que compeñen o CODIX como diversos casos prácticos e test de exemplo

Máis de 1.500 prazas convocadas neste ano 2018

Esta convocatoria forma parte do Plan de Formación da rede CeMIT para este ano 2018, que terá a súa continuación no segundo semestre deste ano con dúas novas oportunidades para obter esta certificación: un curso de teleformación titorizada con exame final e outra convocatoria de probas presenciais na modalidade autoformativa

Dende a habilitación da rede CeMIT para a formación e avaliación dos contidos formativos do CODIX en maio de 2014, foron máis de 6.100 as prazas convocadas nas súas diferentes modalidades (1.750 en cursos de teleformación titorizada e 4.364 en probas presenciais de acceso libre) e máis de 2.400 as persoas que obtiveron a certificación emitida por parte da Amtega despois de superar as probas presenciais realizadas nas  aulas da rede CeMIT.

A estes datos hai que engadir as mais de 300  actividades e cursos en ofimática en software libre que veñen realizando as diferentes aulas de forma presencial durante o último ano como preparación orientada á presentación para estas probas libres, así como os 2.500 accesos aos contidos específicos do CODIX aloxados na plataforma de teleformación a través de internet  (http://cemit.xunta.es/ema) e abertos para ser consultados en calquera momento.

Image removed.Anuncio da convocatoria

 

Calendarización das probas

As probas de avaliación presencial que se convocan desenvolveranse os días 15, 16 e 17 de novembro de acordo co seguinte calendario:

 

LOCALIDADE PROVINCIA DÍA HORA Nº PRAZAS
Cerceda Coruña, A Mércores, 25 abril

10:00

8

Coruña, A - Eiris Coruña, A Mércores, 25 abril

10:00

16

Oroso Coruña, A Mércores, 25 abril

10:00

15

Santiago de Comp Coruña, A Mércores, 25 abril

10:00

25

Sarria Lugo Mércores, 25 abril

10:00

18

Ourense Ourense Mércores, 25 abril

10:00

18

Campo Lameiro Pontevedra Mércores, 25 abril

10:00

11

Estrada, A Pontevedra Mércores, 25 abril

10:00

12

Moaña Pontevedra Mércores, 25 abril

10:00

9

Pontevedra Pontevedra Mércores, 25 abril

10:00

25

Tomiño Pontevedra Mércores, 25 abril

10:00

8

Vilagarcía Pontevedra Mércores, 25 abril

10:00

18

       

 

         
LOCALIDADE PROVINCIA DIA HORA Nº PRAZAS
Abegondo Coruña, A Xoves, 26 abril

10:00

15

Ortigueira Coruña, A Xoves, 26 abril

10:00

10

Lugo Lugo Xoves, 26 abril

10:00

12

Ribadeo Lugo Xoves, 26 abril

10:00

14

Ourense Ourense Xoves, 26 abril

10:00

18

Cuntis Pontevedra Xoves, 26 abril

10:00

8

Lalín Pontevedra Xoves, 26 abril

10:00

18

Pontevedra Pontevedra Xoves, 26 abril

10:00

25

Vigo Pontevedra Xoves, 26 abril

10:00

14

       

 

         
LOCALIDADE PROVINCIA DIA HORA Nº PRAZAS
Coruña, A - Eiris Coruña, A Xoves, 26 abril

16:00

16

Arzúa Coruña, A Xoves, 26 abril

16:00

17

Betanzos Coruña, A Xoves, 26 abril

16:00

20

Pontedeume Coruña, A Xoves, 26 abril

16:00

11

Pontes, As Coruña, A Xoves, 26 abril

16:00

18

Ribeira Coruña, A Xoves, 26 abril

16:00

11

Santa Comba Coruña, A Xoves, 26 abril

16:00

18

Vicedo, O Lugo Xoves, 26 abril

16:00

5

Castro Caldelas Ourense Xoves, 26 abril

16:00

12

Leiro Ourense Xoves, 26 abril

16:00

6

Xunqueira Ambía Ourense Xoves, 26 abril

16:00

8

Ponteareas Pontevedra Xoves, 26 abril

16:00

10

Porriño, O Pontevedra Xoves, 26 abril

16:00

9

       

 

         
LOCALIDADE PROVINCIA DIA HORA Nº PRAZAS
Ames Coruña, A Venres, 27 abril

10:00

12

Boiro Coruña, A Venres, 27 abril

10:00

10

Brión Coruña, A Venres, 27 abril

10:00

10

Fisterra Coruña, A Venres, 27 abril

10:00

8

Vimianzo Coruña, A Venres, 27 abril

10:00

10

Barreiros Lugo Venres, 27 abril

10:00

12

Burela Lugo Venres, 27 abril

10:00

10

Carballedo Lugo Venres, 27 abril

10:00

7

Fonsagrada, A Lugo Venres, 27 abril

10:00

8

Bande Ourense Venres, 27 abril

10:00

10

Celanova Ourense Venres, 27 abril

10:00

11

Marín Pontevedra Venres, 27 abril

10:00

15

Valga Pontevedra Venres, 27 abril

10:00

11