Novas

Formulario de busca

Fondos

NovasNovas

Formulario de busca

cierra cierra

A Amtega convoca máis de 300 prazas para as probas da Certificación Galega de Competencias Dixitais en Ofimática

• Están orientadas a aquelas persoas que xa posúen os coñecementos necesarios ou que optan pola modalidade autoformativa
• Os exames presenciais celebraranse os días 11, 12 e 13 de novembro nas aulas CeMIT de 37 concellos de toda Galicia
• Este certificado, que emite a Amtega, acredita os coñecementos nesta materia da persoa titular ante calquera instancia pública ou privada


A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) convoca un total de 342 prazas de carácter libre para a avaliación para a obtención da certificación galega en competencias dixitais en ofimática (CODIX). Esta convocatoria, publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia, está aberta a toda a cidadanía en xeral que, ben pola súa experiencia ou pola súa formación adquirida por diferentes medios xa posúen os coñecementos necesarios  das aplicacións informáticas que compoñen o módulo formativo MF0233_2 «Ofimática» baixo o paquete de LibreOffice.
 
O prazo de inscrición para estas probas comeza mañá e remata o mércores 21 de outubro e poderá realizarse ben a través de internet ou presencialmente na aula de interese, sendo o único requisito o de ser usuario da rede CeMIT, trámite que tamén pode realizarse a través da rede.
 
As probas presenciais celebraranse os días 11, 12 e 13 de novembro en diversas quendas de mañá e tarde e que nesta ocasión vanse a  celebrar nas aulas CeMIT dos seguintes 37 concellos, que suman un total de 342 prazas dispoñibles:  
 
Abegondo, Ames,  Betanzos, Boiro, Brión, A Coruña, Fisterra, Oroso, Ortigueira, Pontedeume, Porto do Son, Ribeira, Santa Comba, Santiago de Compostela e Vimianzo na provincia de A Coruña;  Barreiros, Carballedo, Guitiríz, Lugo, Ribadeo e O Vicedo na provincia de Lugo; Bande, O Barco, Castro Caldelas, Celanova e Leiro na provincia de Ourense; e A Cañiza, Cuntis, A Estrada, Lalín, Marín, Moaña, Poio,  Pontevedra, Tomiño, Valga e Vigo na provincia de Pontevedra.
 
Entre as persoas inscritas provisionalmente realizarase un sorteo para establecer a orde de prelación para poder efectuar a matrícula para as probas en cada quenda, no caso de que existan mais solicitantes que prazas convocadas nas diferentes aulas que realizarán as probas presenciais.
 
Avaliación 
Para obter o CODIX é preciso superar un exame de 50 preguntas tipo test referidas aos contidos  do Plan Formativo Ofimático de Galicia, composto polas cinco unidades nas que se estrutura o módulo formativo MF0233_2 «Ofimática» do Repertorio Nacional de certificados de profesionalidade:
 
  • Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico
  • Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais. LibreOffice Base
  • Aplicacións informáticas para presentacións: gráficas de información. LibreOffice Impress 
  • Aplicacións informáticas de tratamento de textos. LibreOffice Writer.
  • Aplicacións informáticas de follas de cálculo. LibreOffice Calc
 
Os materiais formativos que compoñen estes cursos foron elaborados seguindo as boas prácticas recollidas na  Guía de boas para a publicación de obras documentais da Xunta de Galicia  e poden ser seguidos libremente na súa modalidade de autoformación dentro da plataforma de teleformación da rede CeMIT http://cemit.xunta.gal/ema, na que se poden consultar tanto os contidos específicos dos diversos módulos que compoñen o CODIX como diversos casos prácticos e test de exemplo
 
Máis de 1.500 prazas programadas para o ano 2021
Esta convocatoria forma parte do Plan de Formación da rede CeMIT para este ano 2020, que terá a súa continuación  no vindeiro ano con novas convocatorias de dous cursos de teleformación titorizada con exame final e  dúas convocatorias de probas presenciais na modalidade autoformativa.
 
Dende a habilitación da rede CeMIT para a formación e avaliación dos contidos formativos do CODIX en maio de 2014, foron máis de 9.000 as prazas convocadas nas súas diferentes modalidades (2.650 en cursos de teleformación titorizada e 6.392 en probas presenciais de acceso libre) e máis de 3.800 as persoas que obtiveron a certificación emitida por parte da Amtega despois de superar as probas presenciais realizadas nas  aulas da rede CeMIT.
 
A estes datos hai que engadir as mais de 300  actividades e cursos en ofimática en software libre que veñen realizando as diferentes aulas de forma presencial durante o último ano como preparación orientada á presentación para estas probas libres, así como os 2.500 accesos aos contidos específicos do CODIX aloxados na plataforma de teleformación a través de internet  (http://cemit.xunta.es/ema) e abertos para ser consultados en calquera momento.
 
Calendarización das probas
 
As probas de avaliación presencial que se convocan desenvolveranse os días 11, 12 e 13 de novembro de acordo co seguinte calendario:
 

LOCALIDADE

PROVINCIA

DÍA

HORA

Nº PRAZAS

Abegondo

Coruña, A

Mércores, 11 de novembro

10:00

10

Ames

Coruña, A

Mércores, 11 de novembro

10:00

8

Betanzos

Coruña, A

Mércores, 11 de novembro

10:00

10

Coruña, A - Eirís

Coruña, A

Mércores, 11 de novembro

10:00

8

Porto do Son

Coruña, A

Mércores, 11 de novembro

10:00

7

Santiago de C.

Coruña, A

Mércores, 11 de novembro

10:00

9

Vimianzo

Coruña, A

Mércores, 11 de novembro

10:00

10

Guitiríz

Lugo

Mércores, 11 de novembro

10:00

14

Lugo

Lugo

Mércores, 11 de novembro

10:00

8

Lalín

Pontevedra

Mércores, 11 de novembro

10:00

12

Pontevedra

Pontevedra

Mércores, 11 de novembro

10:00

12

Tomiño

Pontevedra

Mércores, 11 de novembro

10:00

9

Vigo

Pontevedra

Mércores, 11 de novembro

10:00

6

         
         
         

LOCALIDADE

PROVINCIA

DÍA

HORA

Nº PRAZAS

Fisterra

Coruña, A

Xoves, 12 de novembro

10:00

5

Pontedeume

Coruña, A

Xoves, 12 de novembro

10:00

8

Ribadeo

Lugo

Xoves, 12 de novembro

10:00

5

Bande

Ourense

Xoves, 12 de novembro

10:00

6

Barco, O

Ourense

Xoves, 12 de novembro

10:00

6

Estrada, A

Pontevedra

Xoves, 12 de novembro

10:00

10

Moaña

Pontevedra

Xoves, 12 de novembro

10:00

7

 

 

     
         
         

LOCALIDADE

PROVINCIA

DÍA

HORA

Nº PRAZAS

Betanzos

Coruña, A

Xoves, 12 de novembro

16:00

10

Coruña, A - Eirís

Coruña, A

Xoves, 12 de novembro

16:00

8

Pontedeume

Coruña, A

Xoves, 12 de novembro

16:00

8

Santa Comba

Coruña, A

Xoves, 12 de novembro

16:00

12

Vicedo, O

Lugo

Xoves, 12 de novembro

16:00

4

Castro Caldelas

Ourense

Xoves, 12 de novembro

16:00

8

Leiro

Ourense

Xoves, 12 de novembro

16:00

3

Cañiza, A

Pontevedra

Xoves, 12 de novembro

16:00

16

Cuntis

Pontevedra

Xoves, 12 de novembro

16:00

8

Moaña

Pontevedra

Xoves, 12 de novembro

16:00

7

         
         
         

LOCALIDADE

PROVINCIA

DÍA

HORA

Nº PRAZAS

Ames

Coruña, A

Venres, 13 de novembro

10:00

8

Boiro

Coruña, A

Venres, 13 de novembro

10:00

6

Brión

Coruña, A

Venres, 13 de novembro

10:00

6

Oroso

Coruña, A

Venres, 13 de novembro

10:00

10

Ortigueira

Coruña, A

Venres, 13 de novembro

10:00

4

Ribeira

Coruña, A

Venres, 13 de novembro

10:00

8

Barreiros

Lugo

Venres, 13 de novembro

10:00

6

Carballedo

Lugo

Venres, 13 de novembro

10:00

3

Celanova

Ourense

Venres, 13 de novembro

10:00

9

Marín

Pontevedra

Venres, 13 de novembro

10:00

8

Tomiño

Pontevedra

Venres, 13 de novembro

10:00

9

Poio

Pontevedra

Venres, 13 de novembro

10:00

5

Valga

Pontevedra

Venres, 13 de novembro

10:00

6