Novas

Formulario de busca

Fondos

NovasNovas

Formulario de busca

cierra cierra

A Amtega abre a votación para seleccionar aos gañadores dos concursos de debuxos e microrrelatos da Estratexia Dixital de Galicia 2030

• Ata o 21 de febreiro estará aberto o prazo para votar a través do facebook da Amtega
• O premio consistirá nunha tablet para cada alumno/a responsable das tres obras máis votadas polos internautas cos seus “gústame” en cada certame
• Máis de 200 debuxos e 120 microrrelatos foron avaliados por un xurado especializado no ámbito da Sociedade da Información e as Tecnoloxías Dixitais
• Ambos concursos forman parte do proceso de elaboración da nova Estratexia Dixital de Galicia 2030

 

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) vén de publicar no seu Facebook as obras seleccionadas como finalistas dos concursos de debuxo “Captura a sociedade dixital!” (http://bit.ly/EDG2030debuxos) e microrrelatos “Viaxe ao 2030” (http://bit.ly/EDG2030microrrelatos).

Estes certames, que teñen como obxectivo coñecer cal é a visión dos máis novos sobre  o impacto da dixitalización na sociedade galega no 2030, están dirixidos a estudantes de Primaria e ESO ou Bacharelato respectivamente e enmárcanse no proceso elaboración da Estratexia Dixital de Galicia 2030 (EDG2030).

Máis de 300 estudantes de toda Galicia
Un total de 213 alumnos e alumnas de Educación Primaria participaron no Concurso de debuxo “Captura a sociedade dixital!” combinando o seu talento creativo para o debuxo coa súa visión do futuro para plasmar nun debuxo distintas facetas do uso das TIC, novos hábitos e necesidades que xorden pola transformación dixital, as oportunidades derivadas da aplicación das novas tendencias dixitais, etc.

E, pola súa banda 120 alumnos e alumnas de ESO ou Bacharelato puxeron a proba o seu enxeño e capacidade imaxinativa para describir como imaxinan que a transformación dixital afectará a nosa Comunidade nos próximos 10 anos.

Os participantes proceden de 42 centros educativos das catro provincias galegas e contouse coa implicación de máis de 50 docentes que desenvolveron un papel fundamental para a participación do seu alumnado, entregando 333 traballos (213 debuxos e 120 microrrelatos).

As obras recibidas foron valorados por un xurado especializado no ámbito da Sociedade da Información e as Tecnoloxías Dixitais, formado por 2 representantes da Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), 1 representante de la Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e 1 profesor de Secundaria e 1 profesor de Primaria, que preseleccionaron os cinco debuxos e os cinco microrrelatos finalistas.

Selección dos gañadores
As cinco obras finalistas e cada certame están xa dispoñibles no Facebook da Amtega para que calquera internauta que o desexe poida votar ata o vindeiro 21 de febreiro aqueles debuxos e microrrelatos que consideren que mellor representan a Galicia do 2030 a través das tecnoloxías dixitais. 

Premiarase cunha tablet a cada un dos/as alumnos/as responsables dos 3 mellores debuxos (1º, 2º e 3º premio) e os 3 mellores microrrelatos (1º, 2º e 3º premio), que se corresponderán coas obras máis votadas mediante o sistema ‘gústame’ do Facebook da Amtega de entre os finalistas seleccionados.

Participación na elaboración da EDG2030
Ambos concursos forman parte do proceso de elaboración da Estratexia Dixital de Galicia 2030 que arrincou no mes de xullo coa celebración do I Foro de debate profesional, no que participaron arredor de 200 axentes sociais e económicos da Comunidade, implicados en procesos de transformación dixital en distintos ámbitos de actuación.

Ademais, nos últimos meses implicouse tamén a través de distintas actividades a representantes das EELL, do sector TIC de empresas tractoras ou o Comité de expertos académicos da EDG2030.