Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, as Administracións Públicas e Xustiza, a Consellería do Medio Rural e a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnoógica e a Entidade Pública empresarial Red.es para o desenvolvemento d

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, as Administracións Públicas e Xustiza, a Consellería do Medio Rural e a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnoógica e a Entidade Pública empresarial Red.es para o desenvolvemento de actuacións na Comunidade Autónoma de Galicia destinadas á posta en marcha dunha rede de emerxencias

O presente Convenio de Colaboración entre a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Consellería do Medio Rural e a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica e a Entidade Pública Empresarial Red.es ten por obxecto desenvolvemento de actuacións para a posta en marcha dunha rede de emerxencias na Comunidade Autónoma de Galicia co fin de mellorar os servizos dispoñibles para os cidadáns, especialmente nos ámbitos sanitarios, de seguridade e de protección do medio natural da Comunidade galega especialmente na loita contra os incendios forestais, da que será titular, para todos os efectos, a Xunta de Galicia. Adicionalmente o convenio prevé a realización de actuacións de difusión e capacitación asociadas ás actuacións contempladas no mesmo.

Galicia contará cunha rede de emerxencias única, que incorpore todos os beneficios da tecnoloxía punta e que suporá blindar, as 24 horas, a resposta ante as emerxencias que se produzan na comunidade. Unha rede que satisface plenamente os requisitos de seguridade e que blinda a comunicación e a coordinación entre todas as persoas que se dedican á emerxencia en Galicia.

Cun investimento de 6,5 millóns de euros –a través deste convenio entre as consellerías de Medio Rural, Presidencia e Administracións Públicas e Xustiza e a empresa pública Red.es-, a rede empregará a tecnoloxía TETRA, que é a máis punteira neste tipo de comunicacións e a recomendada, desde o punto de vista das emerxencias, a nivel europeo. Esta rede está dentro do marco da Axenda Dixital 2014.gal.

Organismo promotor: Xunta de Galicia