Mapa TIC

Mapa TIC

Mapa TIC

Galicia conta na actualidade cun tecido de empresas tecnolóxicas innovadores e con capacidade, dispostas para colaborar como socios tecnolóxicos e aliados potenciais á hora de acompañar ás empresas e profesionais no seus procesos de transformación dixital.

Co obxectivo de identificar provedores e solucións tecnolóxicas na nosa comunidade o MapaTIC.gal (www.mapatic.gal) eríxese coma un directorio web completo e categorizado de provedores, produtos e servizos TIC galegos facilmente localizables a través de criterios de busca intelixentes e precisos, reportando ás empresas demandantes de tecnoloxía interesantes beneficios como:

Localizar o provedor tecnolóxico que mellor se axuste as súas necesidades de negocio particulares.
Coñecer as solucións tecnolóxicas máis innovadoras para cada sector de actividade.
Coñecer outras empresas reais que supoñan Casos de Éxito de implantación de solucións tecnolóxicas.
Comparar solucións tecnolóxicas (prezos, utilidades para o negocio, número de veces que foi implantada, casos de éxito…) dentro dos distintos sectores produtivos.