Info rápida

Formulario de busca

Fondos

Info rápidaInfo rápida

Formulario de busca

cierra cierra

Páxinas

01/03/2017
Wire, unha aplicación de comunicación punto a punto en tempo real, anunciou os resultados da auditoría de seguridade que o seu código ben de superar e que deixan en bo lugar á aplicación e, en particular, ao seu protocolo de cifrado punto a punto Proteus, baseado inicialmente en Signal. Ademais, estes resultados viñeron acompañados da confirmación de que o código da parte servidora da aplicación tamén será liberada como código aberto a finais do presente trimestre. Deste xeito, pode dicirse que Wire é unha das mellores opcións para o que busca un canal de comunicacións seguro e capaz de ser...
28/02/2017
O pasado 24 de febreiro Google anunciou que E2EMail, un sistema de cifrado end-to-end experimental, se libera como código aberto baixo a licenza Apache License 2.0 para a comunidade de desenvolvedores. A finalidade de E2EMail é a de construír un mecanismo simple que facilite o xeito de intercambiar correos confidenciais para os usuarios non técnicos e tamén mellorar a confidencialidade de datos para mensaxes pequenas, sensibles e ocasionais. O obxectivo disto é que o mesmo provedor de correo electrónico, Gmail no caso de Google, non poida ser capaz de extraer o contido das mensaxes...
20/02/2017
A partir do 21 de febreiro xa será posible obter o título de familia numerosa e o certificado de discapacidade de xeito automatizado. Desta forma, xa non será necesario desprazarse ata as unidades administrativas correspondentes. Estes certificados pódense obter en formato electrónico desde calquera lugar e ao longo das 24 horas do día, no apartado “Obtención de certificados” da sede (https://sede.xunta.gal/obtencion-de-certificados), empregando algún dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica, incluído o sistema de usuario e clave Chave 365 (https://sede....
31/01/2017
Mozilla Firefox 51 convertese no primeiro navegador web libre con soporte para a autoridade certificadora dixital da FNMT dándolle vantaxe de uso nos portais web da administración española.Maís información: https://www.mancomun.gal/no_cache/actualidade/novas/detalledenova/nova/o...
24/01/2017
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) abre o prazo de inscrición para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática. Así se recolle na convocatoria publicada hoxe no DOG, con 180 prazas para o curso de teleformación preparatorio previo ao exame presencial que terá lugar no mes de xuño. Para acceder a este curso os únicos requisitos necesarios son ser maior de 16 anos, estar dado de alta como usuarios da rede CeMIT e abonar a taxa correspondente aos dereitos de exame. O curso de preparación impártese na modalidade de teleformación con...
17/01/2017
Poden participar mozos de entre 18 e 30 anos, na categoría de mozo adulto, e rapaces de entre 14 e 18 anos, na categoría de mozo. O prazo de presentación de ideas remata o 23 de xaneiro e os premios entregaranse o 25 de xaneiro na clausura do encontro. Recoñecerá ideas orixinais sobre un produto ou servizo innovador no eido dos contidos dixitais, tanto no ámbito estudantil como no profesional Máis información: http://dicosummit.gal/
29/12/2016
A difusión das últimas novidades sobre os contidos dixitais e a súa repercusión en novos modelos de negocio en diferentes ámbitos son dous dos obxectivos de DIgitalCOntents (DICO) Summit 2017, un evento promovido pola Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) en colaboración co Clúster Audiovisual Galego (CLAG) e o Clúster TIC Galicia no marco do programa Viraxe TIC. Máis información: http://amtega.xunta.gal/nova/a-amtega-e-os-clusters-tic-e-do-audiovisual...
25/11/2016
O obxectivo do encontro é potenciar o sector TIC galego, involucrando a un equipo de investigadores, universitarios, emprendedores e outros interesados en Big Data & Analytics para que compitan no desenvolvemento de solucións dixitais a partir dos datos de localización da traxectoria de clientes nun centro comercial. Podes acceder á nova completa premendo aquí.

Páxinas