Ao lado dos nosos maiores - Cerceda
Descrición:
“Ao lado dos nosos maiores" é unha iniciativa impulsada pola Amtega e Orange, que consiste nun taller gratuíto que ten o obxectivo principal de ensinar aos participantes as pautas básicas do funcionamento das tabletas e móbiles para facer a súa experiencia máis doada, que adquiran maior autonomía persoal e se familiaricen coa tecnoloxía móbil. Entre outros contidos tratarase como acceder ás redes móbiles e wifis, enviar e recibir WhatsApp, enviar fotos, vídeos e mensaxes, gardar os contactos e todas aquelas dúbidas que lles poidan xurdir no uso normal do teléfono e/ou tableta.
O taller estará impartido por persoal de Orange, que facilitará as tabletas e móbiles necesarios para que todos os asistentes poidan realizar as actividades do curso.
Data: 28 de setembro de 2017
Horario: 11:00 a 12:30 horas
Lugar: Aula CeMIT Cerceda
Para consultar máis información sobre o evento prema aquí (http://amtega.xunta.gal/nova/a-amtega-e-orange-organizan-talleres-gratui...)
As prazas para este evento están esgotadas.