Proxecto Abalar

O Plan Abalar, liderado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, sostén a estratexia para a integración plena das TIC na práctica educativa en Galicia, como unha das áreas prioritarias de intervención do Executivo galego.

O Proxecto Abalar persegue un salto cualitativo e cuantitativo no modelo educativo galego, co fin de mellorar a súa eficiencia nun proceso de modernización.

Este plan busca maximizar o aproveitamento dos recursos, coordinar e impulsar un cambio no modelo educativo apoiado na formación do profesorado e a modernización do ensino. Isto supón a conversión dos colexios e institutos galegos en centros educativos dixitais (CED).

Desta forma, o centro educativo dixital supera o concepto de centro educativo tradicional e persegue dispor de recursos humanos e pedagóxicos, así como de infraestruturas e servizos axeitados para o uso cotián da tecnoloxía por parte de todos os axentes da comunidade educativa, na actividade docente, de aprendizaxe e administrativa etc.

Todo o proceso está orientado a apoiar a xestión do cambio de modelo de centro educativo tradicional ao novo centro educativo dixital, e para iso, a continuación, móstranse os eixes de actuación do proxecto:

 

20130829_abalar_eixos_gal.png

Imagen eliminada.

As vantaxes de Abalar están dispoñibles para todos os centros educativos de educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato, ciclos formativos e PCPI.

Para máis información pode consultar o portal espazoAbalar: http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/