Más de 1.700 personas visitaron la exposición interactiva Galiciadixital durante su estancia en el Pazo de la Cultura de Narón

Miércoles 05 de Mayo de 2010

Más de 1.700 personas visitaron la exposición interactiva Galiciadixital durante su estancia en el Pazo de la Cultura de Narón

La muestra, que permaneció en el municipio coruñés desde el 29 de abril hasta ayer, incluyó algunos de sus contenidos más llamativos, como el juego "Aerodeslizadores por Compostela", la película en tres dimensiones "Cidades do camiño" o el tablero virtual, y los conmemorativos de los 25 años de la CRTVG.

Un total de 1.741 persoas visitaron a exposición itinerante e interactiva da Secretaría Xeral de Medios, Galiciadixital, durante a súa estadía no Pazo da Cultura de Narón, do pasado 29 de abril ata onte, martes 4 de maio. Alí, os visitantes puideron desfrutar tanto dos contidos habituais da mostra como dos conmemorativos dos primeiros 25 anos da Compañía de Radio Televisión de Galicia (CRTVG).

Así, os que visitaron neste días ás instalacións naronesas puideron desfrutar do xogo “Aerodeslizadores por Compostela”, no que os usuarios descenden pola zona histórica dunha cidade galega virtual nun futurista “aerodeslizador” desenvolvido pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), xogar co canciño “Axóuxere” ou converterse en tiraboleiros do Botafumeiro da Catedral de Santiago por un día, grazas ao tiraboleiro virtual, entre outras actividades.

Ademais, Galiciadixital ofreceulles a posibilidade de somerxerse nun mundo virtual a través de proxeccións en tres dimensións, como “As cidades do camiño”, visualización de imaxes panorámicas de 360º nunhas pantallas que colgan do teito, onde cada un dos usuarios pode realizar paseos virtuais xirando a pantalla coas súas mans por aquelas cidades polas que discorren os diversos camiños de peregrinación a Compostela.

Durante estes días, a exposición incluíu tamén contidos encamiñados a celebrar os 25 anos de vida da CRTVG, entre os que salientan un conmemorativo que recolle diferentes momentos que marcaron o pasado e o presente da compañía, unha zona expositiva de obxectos relacionados coa radio e a televisión e unha serie de paneis ilustrativos da historia do ente autonómico. Asemade, a través do Plató “Chroma Key”, os visitantes puideron converterse en presentadores de informativos da Televisión de Galicia, situándose nun espazo desde o que se vían reflectidos nunha pantalla TFT de gran formato, xa inmersos no decorado.

Todos os contidos desta exposición, que ten a súa sede permanente no Mosteiro de San Martiño Pinario, en Santiago, están elaborados por empresas e universidades galegas, en consonancia co que é un dos seus obxectivos principais: amosar a cidadáns e cidadás de todas as idades todo o que se fai no ámbito audiovisual e multimedia na comunidade. E iso a través dunha experiencia interactiva diferente á dos museos convencionais, na que os visitantes non son só simples espectadores, senón que participan en todo o percorrido.