El próximo viernes culminará la transición de Galicia a la TDT en una jornada de apagones analógicos en las provincias de Lugo e Pontevedra
Significará el apagado analógico total y definitivo en Galicia. La Secretaría Xeral de Medios recuerda la importancia de adquirir los equipos necesarios para poder ver la TDT, debido a las próximas fechas festivas.
El servicio de atención telefónica al ciudadano sigue activo en los teléfonos 012 e 981572154.
O proceso de transición á Televisión Dixital Terrestre en Galicia culminará o vindeiro venres, día 2 de abril, data na que se producirá o apagamento analóxico nas provincias de Lugo e Pontevedra, o que significará o cese da emisión analóxica total e definitivo en toda Galicia. Ese día deixarán de emitir o sinal de televisión analóxico os emisores que dan cobertura a un total de 76 concellos galegos, que suman unha poboación de 967.992 habitantes.
Os apagados analóxicos que terán lugar o vindeiro venres se enmarcan na terceira e última fase de incorporación de Galicia á TDT, que se vén levando a cabo desde o pasado 10 de marzo fundamentalmente nas provincias de Pontevedra e Lugo, concretamente nos concellos que contan cun maior índice de poboación do conxunto da comunidade.
Na área técnica de Páramo, o apagamento analóxico do 2 de abril afectará a un total de 45 concellos, que suman 273.992 habitantes e son os seguintes: Burela, Ribadeo, Barreiros, Trabada, Lourenzá, Mondoñedo, Riotorto, A Pastoriza, Samos, Pedrafita, Folgoso do Courel, Baleira, Castroverde, Castro de Rei, Cospeito, Rábade, Outeiro de Rei, Begonte, Guitiriz, Friol, Navia de Suarna, Cervantes, Láncara, O Corgo, Guntín, O Páramo, Sarria, As Nogais, Meira, Lugo, Cervo, Abadín, Xermade, Xove, O Valadouro, Foz, Negueira de Muñiz, Paradela, Triacastela, Alfoz, O Incio, Quiroga, Ribas de Sil, Portomarín e Baralla. En total, desde que se iniciou a transición á TDT nesta área técnica serán 309.018 os cidadáns beneficiados.
No tocante á área técnica de Domaio, os apagados analóxicos beneficiarán aos 694.338 habitantes dos 31 concellos afectados, que son: A Estrada, Cuntis, Forcarei, Cerdedo, Campo Lameiro, Cotobade, Pontevedra, Poio, Meaño, Sanxenxo, A Lama, Ponte Caldelas, Marín, Vilaboa, Moaña, Soutomaior, Fornelos de Montes, Redondela, Pazos de Borbén, Mondariz, Mondariz Balneario, Vigo, Mos, Nigrán, Gondomar, Baiona, O Porriño, Tomiño, Tui, A Garda e O Rosal. A poboación acumulada que recibirá a TDT nesta área técnica desde que comezaron os acendidos o día 10 de marzo ascende a 979.012 cidadáns.
Recomendacións aos usuarios
A Secretaría Xeral de Medios segue a recomendar aos cidadáns que, logo da instalación dos adaptadores da TDT, comproben a correcta orientación da antena, sen agardar ás datas fixadas para o apagado analóxico, xa que en moitos lugares se pode recibir o sinal da televisión dixital. É importante, polo tanto, que se verifique a correcta recepción da TDT nestes días, dada a proximidade de datas festivas nas que non poderán recibir a atención dos técnicos instaladores.
Así mesmo, o servizo de atención telefónica ao cidadán sobre a TDT segue activo, co obxectivo de dar unha resposta máis áxil ás dúbidas dos usuarios. Como xa sucedeu durante a primeira fase de implantación da TDT- os teléfonos dispoñibles para atender as consultas son o 012 e o 981572154. Os cidadáns tamén poderán obter información a través da páxina web www.tdtgalicia.es.