125.000 gallegos más tienen acceso a la TDT desde hoy tras el inicio de la tercera y última fase del apagado analógico en localidades de Lugo, A Coruña y Pontevedra
Se suman así al millón y medio de habitantes gallegos que ya disponen de servicio de la Televisión Digital Terrestre.
Se apagaron los centros de Monterroso y Taboada en la provincia de Lugo, acercándose la cobertura TDT a los municipios de Monterroso, Taboada, Palas de Rei y Antas de Ulla, con una población total de 13.747 habitantes.
Se produjeron, también, ceses analógicos en los ayuntamientos de Cangas, Oia y Bueu, así como en parte de los ayuntamientos coruñeses de A Pobra do Caramiñal, Ribeira, Dodro y Boiro.
Esta mañá iniciouse, nas provincias de Lugo, A Coruña e Pontevedra, a terceira e última fase do apagado analóxico. Así, máis de 125.000 galegos teñen acceso xa a TDT tras os apagados levados a cabo en doce municipios das mencionadas provincias. Os acendidos dixitais desenvolvéronse esta mañá sen incidencias técnicas salientables.
Neste sentido, en Lugo iniciouse esta terceira fase da implantación da Televisión Dixital Terrestre (TDT) cos ceses analóxicos dos centros de Monterroso e Taboada. Desta maneira, as localidades que se suman á cobertura da TDT na provincia de Lugo pertencen aos concellos de Monterroso, Taboada, Palas de Rei e Antas de Ulla, incluídos na area técnica de Páramo, cunha poboación total de 13.747 habitantes.
Compre sinalar que ata o momento son xa 15 os concellos lucenses incorporados á TDT. Nesta provincia continuarán os ceses analóxicos o vindeiro día 22 onde beneficiaranse os concellos de Ribeira de Piquín, Vilalba e Pol, con outros 18.000 habitantes. O día seguinte, día 23 os concellos con TDT serán os de Becerreá, A Pontenova, Viveiro e Ourol.
O resto de concellos lucenses afectados por esta mellora terán o seu apagado o día 2 de abril.
Provincias de Pontevedra e A Coruña
Polo que se refire ás provincias de Pontevedra e A Coruña, hoxe produciuse, tamén, o cese analóxico e, polo tanto, a conseguinte incorporación á TDT de diferentes núcleos de poboación dos concellos de Cangas, Oia e Bueu, así como en parte dos concellos coruñeses de A Pobra do Caramiñal, Ribeira, Dodro e Boiro, todos eles pertencentes á área técnica de Domaio, e que suman un total de 111.800 habitantes.
Por outra parte, o vindeiro día 15 deste mes os ceses analóxicos dos centros de As Neves e Arbo, na provincia de Pontevedra, permitirán o acceso á TDT dos concellos de Arbo, As Neves, Salvaterra, Ponteareas e Salceda de Caselas. En total nese día serán 48.176 os habitantes que se incorporarán á nova tecnoloxía.
Así mesmo, compre lembrar que, para calquera consulta por parte da poboación, pode facerse a través do teléfono 012 ou na páxina web www.tdtgalicia.es