Consultas Preliminares do Mercado para a extensión da Teleasistencia Avanzada baixo o modelo de Fogar Dixital Sociosanitario
|
Para o desenvolvemento da iniciativa Fogar Dixital Sociosanitario da Xunta de Galicia, en particular da posta en funcionamento da Teleasistencia avanzada baixo o modelo de Fogar Dixital Sociosanitario resulta de interese dirixir consultas aos operadores económicos coa finalidade de preparar correctamente a licitación e informar aos citados operadores económicos acerca dos seus plans e dos requisitos que esixirán para concorrer ao procedemento. |