Mar Pereira sinala que Galicia ten capacidades para estar na liga dixital europea

Martes 19 de Noviembre de 2019

Mar Pereira sinala que Galicia ten capacidades para estar na liga dixital europea

• A directora Amtega inaugurou hoxe a presentación do Capítulo Galego da Asociación Española para o Fomento da Seguridade da Información ISMS Forum

A directora da  Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, sinalou hoxe que Galicia ten capacidades para estar na liga dixital europea. A responsable da Axencia autonómica inaugurou hoxe o  Encontro Presentación do Capítulo Galego da Asociación Española para o Fomento da Seguridade da Información ISMS Forum, que se celebra en Santiago de Compostela

Pereira destacou que a Comunidade aproveitou ben os fondos europeos para impulsar a transformación dixital e que a nova Estratexia Dixital de Galicia 2030, en proceso de elaboración, quere atraer máis financiamento para impulsar tecnoloxías de futuro, como a tecnoloxía dos datos, a nova conectividade ou a ciberseguridade como marco indispensable da economía dixital. A directora da Amtega fixo fincapé na importancia da colaboración público privada neste ámbito. e na necesidade de atraer talento para poder desenvolver todas as iniciativas en marcha.

ISMS Forum
A Asociación Española para o Fomento da Seguridade da Información, ISMS Forum Spain, é unha organización sen ánimo de lucro fundada en xaneiro de 2007 para promover o desenvolvemento, coñecemento e cultura da Seguridade da Información en España e actuar en beneficio de toda a comunidade implicada no sector. ISMS Forum Spain ten xa a máis de 230 empresas asociadas e máis de 1.200 profesionais asociados.