Apoio á candidatura de Galicia para albergar a sede da Axencia Española de Supervisión de Intelixencia Artificial (AESIA).
Que é a AESIA?
- A Lei de Orzamentos Xerais do Estado para 2022 prevé o impulso dunha lei para a creación da Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial, que deberá ser aprobada este ano.
- A Axencia terá como cometido desenvolver medidas para a redución dos riscos sobre a seguridade e a saúde das persoas, así como sobre os seu dereitos fundamentais, que poidan derivarse do uso das tecnoloxías intelixentes.
- Ademais das medidas propias, a AESIA participará en accións froito da colaboración con outros administracións e co sector privado.
- A Axencia é un dos organismos de nova creación que poden ser radicados nunha localización diferente á da capital do Estado, de acordo co Real Decreto 209/2022 de 22 de marzo.
- Axencia estará adscrita á Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial, dentro do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital.
Por que en Galicia?
- Porque Galicia é unha das tres Comunidades Autónomas que dispoñen dunha estratexia de Intelixencia Artificial, a Estratexia Galega de Intelixencia Artificial 2021-2030 (EGIA). A EGIA busca aliñar as necesidades económicas de Galicia coas capacidades de investigación e innovación, así como coas necesidades do sector público e privado, promovendo o uso da Intelixencia Artificial en sectores clave da economía galega. A EGIA constitúe a folla de ruta para o despregamento dunha unha intelixencia artificial de vangarda, ética, segura e centrada nas persoas, convertendo a Galicia nunha rexión intelixente.
- Porque a nosa Comunidade é pioneira na posta en marcha medidas para o desenvolvemento dunha intelixencia artificial ao servizo do avance social e económico e da administración pública, baixo criterios éticos e respectuosos cos dereitos fundamentais das persoas:
- Galicia é a primeira Comunidade en levar a cabo un estudo sobre marco ético e normativo propio para o desenvolvemento da IA, en colaboración coas tres universidades galegas: a Universidade de Santiago de Compostela (USC), a Universidade de Vigo (UVIGO) e a Universidade da Coruña (UDC).
- O nodo galicIA, de próxima creación, será o espazo de encontro e colaboración das administracións, do eido do coñecemento e dos sectores económicos e traballará no establecemento das bases dunha intelixencia artificial ética e fiable para Galicia.
- Galicia conta cun Marco Galego de Competencias Dixitais, situando a Galicia na vangarda da adaptación aos estándares europeos nesta materia.
- Galicia conta cun ecosistema GobTech, co obxectivo de aplicar solucións innovadoras empregando a IA para dar resposta aos retos da Administración Pública.
- Porque Galicia conta cun ecosistema TIC robusto, sendo unha das principais rexións con recoñecida traxectoria no ámbito nacional e internacional. As entidades tecnolóxicas públicas e privadas conforman un hipersector TIC á cabeza da innovación:
- Galicia conta cun crecente ecosistema de Intelixencia Artificial, con empresas especializadas no desenvolvemento de proxectos e prestación de servicios de IA.
- Galicia conta cunha rede de nodos especializados -o nodo ciber.gal, o nodo 5G e o nodo galicIA-, estruturas de cooperación destinadas a conectar aos axentes públicos e privados.
- Galicia conta con hubs de innovación dixital (DIHs), como DiHDATAlife e DIHGIGAL que serven como punto de encontro entre as grandes empresas e as pemes para a procura de solucións dixitais mediante a aplicación das tecnoloxías disruptivas.
- Galicia conta cunha importante rede de Centros de Investigación Singular e Centros Tecnolóxicos que promocionan a xeración e transmisión de coñecemento científico e tecnolóxico ao tecido empresarial.
- Porque Galicia cumpre coas condicións establecidas no Real Decreto para acoller entidades pertencentes ao sector público institucional.
- Galicia ante un gran reto demográfico, necesidade de fixar poboación.
- Dinamización do emprego, necesidades de creación de emprego.
- Escasa presencia de sedes de organismos estatais no seu territorio.
Quen promove e apoia a candidatura galega?:
Institucións públicas, centros tecnolóxicos e Hubs de Innovación Dixital |
|||||
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
|
Colexios profesionais, asociacións empresariais e fundacións |
|||||
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
|
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
|||
Empresas adheridas |
|||||
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
¿Cómo se valoraron las distintas localizaciones presentadas?
Informe para la valoración de la ubicación de la sede de la AESIA en Galicia
Información de interese
- Contexto normativo da AESIA
- Lei 22/2021, de 28 de decembro, de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2022.
- Na súa Disposición adicional centésimo trixésima, autoriza ao Goberno a impulsar a creación da Axencia Española de Supervisión de Intelixencia Artificial, adscrita á Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial dentro do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital.
- Orden PCM/1203/2022, de 5 de diciembre, por la que se publica el Acuerdo del Consejo de Ministros de 5 de diciembre de 2022, por el que se determina la sede física de la futura Agencia Española de Supervisión de Inteligencia Artificial.
- Lei 22/2021, de 28 de decembro, de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2022.
- Real Decreto 209/2022, do 22 de marzo
- Promulgado para a descentralización de entidades públicas ata ao de agora inexistentes, baixo os principios de vertebración, equilibrio territorial e adecuación ao sector de actividade.
- Información de políticas públicas de impulso da transformación dixital:


































































