EDG 2030

Formulario de busca

Fondos

ConcursosConcursos

Formulario de busca

cierra cierra
Logo edg2030

Concursos EDG2030

Participa e poderás gañar unha tablet!!

Como pensan os máis novos que a transformación dixital afectará a Galicia nos próximos 10 anos?

Queremos que se deixen levar pola súa imaxinación e nos conten como ven a sociedade galega no 2030.

Concurso de debuxo “Captura a sociedade dixital!”

Buscamos que alumnos e alumnas de Educación Primaria, de entre 5 e 12 anos, combinen o seu talento creativo para o debuxo coa súa visión do futuro. O obxectivo é que plasmen nun debuxo o impacto que terá a dixitalización na sociedade galega no 2030: o uso das TIC, novos hábitos e necesidades que xorden pola transformación dixital, as oportunidades derivadas da aplicación das novas tendencias dixitais, etc.

icono lista   Bases do Concurso 

icono lista   Autorización para participar no concurso “Captura a sociedade dixital!” 

icono lista

  Formulario de inscrición

icono lista

  Cartel “Captura a sociedade dixital!” 

Período de inscricións

O período de inscrición estará aberto desde o día 16 de decembro de 2019 ata o 17 de xaneiro de 2020 . O persoal docente será o responsable de inscribir aos seus alumnos e alumnas interesados/as en participar.

Prazo de entrega

O prazo para enviar o material do alumnado participante estará aberto desde o día 16 de decembro de 2019 (que coincide coa apertura das inscricións) ata o día 24 de xaneiro de 2020 .

Concurso de microrrelatos “Viaxe ao 2030” - Ampliación do prazo de inscricións

Queremos que os estudantes de ESO ou Bacharelato, de entre 11 e 18 anos , activen o seu enxeño e capacidade imaxinativa para describir o futuro. A través dun microrrelato no que describan como imaxinan que a transformación dixital impactará nas nosas vidas nos 10 próximos anos.

icono lista   Bases do Concurso 

icono lista   Autorización para participar no concurso “Viaxe ao 2030” 

icono lista   Formulario de inscrición

icono lista   Cartel “ Viaxe ao 2030 ” 

Período de inscricións

O período de inscrición estará aberto ata o 31 de xaneiro de 2020 . O persoal docente será o responsable de inscribir aos seus alumnos e alumnas interesados/as en participar.

Prazo de entrega

O prazo para enviar o material do alumnado participante estará aberto ata o día 7 de febreiro de 2020 . O período de votación estará vixente desde o día 14 de febreiro ata o 21 de febreiro de 2020.

Premios

Premiarase cunha tablet a cada un dos/as alumnos/as responsables dos 3 mellores debuxos (1º, 2º e 3º premio) e os 3 mellores microrrelatos (1º, 2º e 3º premio), que se corresponderán coas obras máis votadas mediante o sistema ’gústame’ do Facebook da Amtega de entre os finalistas que selecione o xurado do concurso.