I Addenda ao convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) para a implantación da Historia Social Única Electrónica nas Entidades Locais da Comunidade Autónoma de Galicia
Asinada o 18 de outubro de 2018 entre a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP)
O 11 de novembro de 2016 asinouse o Convenio de Colaboración entre a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) para a implantación da Historia Social Única Electrónica nas Entidades Locais da Comunidade Autónoma de Galicia. Na cláusula sexta, establécese que o Convenio será efectivo dende a data da signatura ata o 31 de decembro de 2018, sen prexuízo de que se acorde polas partes expresamente unha prolongación da vixencia mediante a subscrición dunha Addenda.
É de interese da Xunta de Galicia e Fegamp seguir colaborando na implantación da Historia Social Única Electrónica nas Entidades Locais, coa finalidadede mellorar os servizos prestados ao cidadán.
Consecuentemente, Xunta de Galicia e a Fegamp subscriben a presente Addenda cuxa cláusula é prorrogar a vixencia do convenio ata o 31 de decembro de 2022.
En todo o non novado expresamente pola Addenda seguirá en vigor o disposto no Convenio.