Documentos

Formulario de busca

Fondos

DocumentosDocumentos

Formulario de busca

cierra cierra

Convenio de marco de Colaboración entre a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica e o Clúster TIC Galicia para a posta en marcha de actividades para o fomento da Sociedade da Información

O presente Convenio de Colaboración, asinado o 29 de xuño de 2011 entre a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica e o Clúster TIC Galicia, ten por obxecto establecer os termos e condicións xerais que rexerán a colaboración das entidades asinantes para a realización de actuacións encamiñadas ao desenvolvemento e promoción da Sociedade da Información, en especial as dirixidas á promoción no ámbito das tecnoloxías da información en Galicia e de impulso do uso das TIC en sectores clave coa finalidade de posibilitar que, a partir destes, poidan fluír no conxunto da sociedade galega. Este convenio enmárcase dentro das accións definidas na Axenda Dixital de Galicia 2014.gal

29/06/2011

Grazas a este convenio de colaboración co Clúster TIC definirase conxuntamente o modelo de financiamento que máis partido saque do potencial que ten o sector TIC en Galicia. Esta nova política de financiamento TIC estará aplicable no ano 2012 e responderá de xeito máis efectivo ás necesidades que agora e nos vindeiros anos ten e terá este sector.

O obxectivo é chegar a mobilizar máis de 200 millóns de euros para empregalos no desenvolvemento de proxectos de alto impacto en Galicia. Para tal fin, creouse un novo fondo de capital risco cun orzamento de 20 millóns de euros para investir en iniciativas de base tecnolóxica.

Organismo promotor: Xunta de Galicia