Documentos

Formulario de busca

Fondos

DocumentosDocumentos

Formulario de busca

cierra cierra

Convenio de Colaboración entre a Secretaria Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia e a Universidade de Vigo para a realización do Máster universitario en Consultoría de Software Libre

O presente Convenio de Colaboración, asinado o 15 de xuño de 2011 entre a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica e a Universidade de Vigo, ten por obxecto o desenvolvemento dunha nova edición do Máster en Consultoría de Software Libre, organizado pola Escola Superior de Enxeñería Informática da Universidade de Vigo e correspondente ao curso 2011-2012.

15/06/2011

A Secretaría Xeral de Modernización achegará 15.000 euros para a realización do Máster, segundo se recolle nun convenio de colaboración asinado pola secretaria xeral, Mar Pereira, e o reitor da Universidade olívica, Salustiano Mato.

O Máster, que conta con 60 créditos e está divido en catro módulos, ten como obxectivo a formación de profesionais cun coñecemento amplo e sólido que os capacite para dirixir proxectos e levar a cabo tarefas en ámbitos concretos das Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC) aplicando métodos e ferramentas baseados en software libre e códigos de fontes abertas (FLOSS).

Os titulados que cursen o Máster adquirirán competencias específicas en desenvolvemento de aplicacións de software libre, en implantación de ferramentas de intelixencia de negocio, así como en consultoría, administración e xestión das TIC e seguridade e protección de datos.

Obxectivos
Os catro módulos do Máster teñen diferentes obxectivos formativos como afondar nas vantaxes e oportunidades que ofrecen os modelos de desenvolvemento de aplicacións de xestión baseados en software libre.

Tamén se abordarán os aspectos e técnicas das actividades da consultoría informática e os principais conceptos de estrutura da empresa, a función directiva, os procesos de toma de decisións, así como o establecemento da política estratéxica da empresa.

Ademais, estudaranse os principais métodos de auditoría e mellora continua en solucións TIC co fin de xestionar adecuadamente a infraestrutura tecnolóxica da organización. Outro dos obxectivos do Máster é que os alumnos adquiran as capacidades directivas necesarias para liderar e motivar adecuadamente a equipos de traballo multidisciplinares.

Plan Operativo 2011 
Este convenio enmárcase O Plan de Software Libre 2011 da Xunta ten como obxectivo prioritario impulsar o uso do software libre e código de fontes abertas (Floss) no sector empresarial e na sociedade en xeral. Con esta finalidade o Plan, que ten unha dotación específica de 865.000 euros, contempla máis de 120 actuacións en colaboración coas asociacións galegas de usuarios e empresas de software libre e das tres universidades.

Organismo promotor: Xunta de Galicia