Documentos

Formulario de busca

Fondos

DocumentosDocumentos

Formulario de busca

cierra cierra

Convenio de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Concello de Tui para a dixitalización de fondos de patrimonio histórico, dentro do proxecto 06

Convenio asinado o 16 de outubro de 2014 entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Concello de Tui co obxectivo de dixitalizar fondos do patrimonio histórico de arquivos xestionados pola Consellería e polo Concello de Tui.

16/10/2014

O obxectivo xeral do proxecto ARPAD é incrementar a implementación das tecnoloxías da información e das comunicacións nas administracións públicas da área da Eurorrexión, Galicia e Norte de Portugal, mellorando a cooperación interadministrtiva e a xestión e conservación documental, e favorecendo o acceso por parte da cidadanía desta Eurorrexión aos servizos dixitais.


Entre as accións previstas para o desenvolvemento do proxecto atópase a Conservación e promoción do patrimonio documental, definido no proxecto como acción 4.2. no formulario de candidatura, sendo o seu obxectivo a posta en valor do patrimonio documental de valor histórico a través da súa dixitalización e almacenamento no Arquivo Dixital que se desenvolverá na actividade 1 do proxecto ARPAD.

En base a este convenio, dixitalizaranse a lo menos, 50.000 imaxes de documentos históricos para a súa integración no Arquivo Dixital do proxecto ARPAD e compatibles con proxectos europeos como Europeana.

As actuacións do presente convenio non supoñen aportación económica algunha.

Organismo promotor: Amtega, Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Concello de Tui