Addenda ao convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) para o desenvolvemento da Administración electrónica nas Entidades Locais da Comunidade Autónoma de Galicia
A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e a Fegamp como representante de todas as corporacións locais de Galicia asinaron o 24 de outubro de 2013 á Addenda ao convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) para o desenvolvemento da Administración electrónica nas Entidades Locais da Comunidade Autónoma de Galicia de 13 de xullo de 2010 coa finalidade de prorrogar a vixencia do convenio de colaboración existente para o desenvolvemento da Administración electrónica nas Entidades Locais de Galica ata o 31 de decembro de 2015.
O impulso e desenvolvemento da Administración Electrónica nas entidades locais de Galicia, ten a finalidade de garantir aos cidadáns o acceso electrónico aos servizos públicos mediante a implantación de procedementos, plataformas e redes de comunicación que posibiliten a súa interacción con calquera Administración Pública.
Asó o Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e a Fegamp para o desenvolvemento da administración electrónica nas entidades locais da Comunidade autónoma de Galicia ten o obxectivo de favorecer un novo modelo de relación entre as administracións públicas e os cidadáns, máis fluídas e frutíferas, baseadas na vocación cooperativa de apoio aos concellos. Esta aposta pola eAdministracións enmárcase nunha estratexia de pais que pasa polo uso intensivo das novas tecnoloxías como instrumento de dinamizacións social e económica.
Con vixencia grazas a esta addenta ata o 31 de decembro do 2015, o convenio de colaboración garantirá por parte da Administración Autonómica a prestación dunha serie de servizos a aquelas EELL adheridas.