Convenio de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a entidade pública empresarial Red.es para o fomento do emprendemento de base tecnolóxica e a innovación aberta na Comunidade Autonóma de Galicia
Asinado o 31 de marzo de 2016 entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a entidade pública empresarial Red.es co obxectivo de fomentar o emprendemento de base tecnolóxica e os procesos de innovación aberta en Galicia
31/03/2016
O presente convenio ten por finalidade establecer un marco de colaboración para o impulso e o fomento do emprendemento de base tecnolóxica e os procesos de innovación aberta en Galicia a través das seguintes actuacións:
• Servizos de incubación e aceleración
• Servizos orientados á mellora do proceso emprendedor
• Servizo de apoio a procura de financiamento
• Dotación de equipamento tecnolóxico
As actuacións do presente convenio supoñen para a Amtega unha achega económica de 700.000 €.
Organismo promotor: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e Red.es