Convenio de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e o Consorcio para o Desenvolvemento de Aplicacións Informáticas de Xestión Universitaria de Galicia para o apoio ás actividades en materia de software libre

Convenio asinado o 13 de maio do 2015 entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e o Consorcio para o Desenvolvemento de Aplicacións Informáticas de Xestión Universitaria de Galicia coa finalidade de fomentar o uso do software libre

En base a este convenio levaranse a cabo as seguintes actuacións:

-Accións de formación sobre aplicacións específicas en software libre, así como formación técnica orientada ao persoal de soporte das aulas.

-Elaboración e adaptación de maquetas e recompilacións instalábeis de software libre que contribúan a incrementar o coñecemento e o nivel formativo de distintos colectivos sociais no uso do software libre.

-Realización de labores de difusión.

-Realización de proxectos de desenvolvemento no ámbito da universidade para a difusión e incremento do uso do software libre nas mesmas, como por exemplo proxectos de migración do software de xestión, instalación de software libre nas aulas.

-Fomento da produción de documentación en galego e tradución de aplicacións de software libre mediante accións directas de dinamización nos contornos empresariais e universitarios, establecendo medidas de incentivo e recoñecemento.

As actuacións do presente convenio supoñen para a Amtega unha achega económica de 50.000 euros.

Organismo promotor: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e o Consorcio para o Desenvolvemento de Aplicacións Informáticas de Xestión Universitaria de Galicia