Instrumento de cooperación competencial entre a Consellería de Traballo e Benestar, a Secretaría Xeral da Igualdade, o C.E.E.I. Galicia S.A. (BIC GALICIA) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, para o desenvolvemento de iniciáticas de impulso da sociedade da información e fomento do emprendemento a través da Rede de centros para a modernización e innovación tecnolóxica (Rede CeMIT)
O presente Convenio de cooperación entre a Consellería de Traballo e Benestar, a Secretaría Xeral da Igualdade, BIC GALICIA e a AMTEGA, asinado o pasado 13 de xuño de 2012, ten por obxecto establecer o marco adecuado de colaboración entre as partes asinantes co obxectivo de implantar e desenvolver o programa de emprendemento e capacitación dixital para mulleres do rural que leva por nome “Tomando as rendas”

“Tomando as Rendas” é un proxecto impulsado pola fundación Fundetec, a Plataforma Enlaces e Deglobé, e desenvólvese en Galicia a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica (Amtega), en colaboración coa Consellaría de Traballo e Benestar, a Secretaría Xeral da Igualdade e BIC Galicia.
O proxecto "Tomando as rendas" conta con fondos Avanza 2 do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo e do Fondo Social Europeo, e está coordinado por Fundetec en colaboración coa Plataforma Enlaces e Deglobé. O seu desenvolvemento en Galicia é posible grazas á suma das sinerxías e recursos cos que conta a Administración autonómica: a Rede CeMIT da Axencia para a Modernización Tecnolóxica, os medios e profesionais en formación de emprendedores da Consellaría de Traballo e Benestar e BIC Galicia, e a capacidade de difusión da Secretaría Xeral da Igualdade a través dos Centros de Información á Muller.
Este compromiso de actuación conxunta para a posta en marcha de iniciativas de impulso da sociedade da información e fomento do emprendemento a través da Rede CeMIT non comporta gasto económico para ningunha das partes asinantes.