Convenio de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural para Coordinar actuacións no ámbito do Plan de Banda Larga de Galicia

Convenio de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural para Coordinar actuacións no ámbito do Plan de Banda Larga de Galicia

A través deste convenio, que se enmarca dentro das acción definidas na Axenda Dixital de Galicia 2014.gal, establécense as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a AMTEGA e Agader no marco do Plan de Banda Larga de Galicia para o desenvolvemento da universalización da banda larga de calidade e a concesión de axudas ás microempresas asentadas no rural para a implantación de TICs

A conselleira de Medio Rural, Rosa Quintana, asinou o pasado 14 de abril de 2012 en Tordoia (A Coruña) coa directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, o convenio polo que a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) achegará 2,4 millóns no período 2012-2014.

A Xunta de Galicia investirá 2,4 millóns de euros no próximos tres anos para facilitar o acceso a internet vía satélite ao 6 por cento da poboación, que ten máis dificultades de cobertura, e incentivar o uso do TIC nas microempresas do rural.

Esta colaboración entre Agader e Amtega supón un paso máis na equiparación da calidade de vida entre o rural e os ámbitos urbanos, axudando na fixación de habitantes e empresas no medio rural. Coa firma deste acordo, o Goberno galego cumpre co seu compromiso de ter en marcha todas as actuacións do Plan de Banda Ancha no 2012 e avanza un paso máis na implantación de infraestruturas de telecomunicacións que permitan ter unha Galicia conectada e en condicións de responder as necesidades da sociedade da información.

Organismo promotor: AMTEGA, Agader