Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e a Asociación PuntoGal para o impulso do dominio .gal

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e a Asociación PuntoGal para o impulso do dominio .gal

O presente Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e a Asociación PuntoGal ten como obxectivo impulsar o dominio .gal

O presente Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e a Asociación PuntoGal ten como obxectivo impulsar o dominio .gal

A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica e a Asociación PuntoGal sentan as bases para impulsar o dominio ”.gal” en internet. Así se recolle neste convenio asinado entre ambas entidades o pasado 8 de outubro de 2010 no que se estipula que o departamento autonómico achegará 55.000 euros a PuntoGal para a realización de actuacións orientadas a conseguir o devandito dominio.

A Asociación PuntoGal, constituída co obxectivo de conseguir a creación do dominio “.gal” en internet, está a realizar todos os trámites precisos para acadar este obxectivo ante o organismo competente, Internet Corporation for Assigned Names and Numbers (ICANN). O obxectivo de PuntoGal é establecer un dominio en internet para a comunidade cultural e lingüística galega, o “.gal”, baixo o que poderán rexistrarse aquelas entidades, empresas ou persoas que se expresen en lingua galega e contribúan ao fomento da nosa cultura.

Actuacións

A achega da Secretaría Xeral de Modernización destinarase a varias actuacións primeiro lugar, á posibilitar a presenza dos asesores técnicos de PuntoGal nos encontros que o ICANN e outras entidades vinculadas ao regulamento da rede celebrarán este ano Tamén, para promover a candidatura do dominio a Asociación contratará un servizo de apoio de carácter administrativo para que execute os traballos necesarios para o bo funcionamento e atención das necesidades requiridas pola candidatura do “.gal”.

Por outra banda, a Asociación PuntoGal estará presente en distintas feiras e encontros que se realizarán en Galicia e noutros lugares de influenza do colectivo de emigrantes galegos co obxectivo de dar a coñecer e promover entre a cidadanía galega as necesidades e posibilidades de contar cun dominio propio e promover así a candidatura do “.gal".

Organismo promotor: Xunta de Galicia