Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia e as universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo en materia de tecnoloxías da información para o establecemento dun sistema
O presente convenio ten por obxecto o establecemento dun marco de actuación para a implantación dun sistema de voto electrónico nas eleccións universitarias nas Universidades do Sistema Universitario Galego.
O presente convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, a Universidade da Coruña, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo ten por obxecto o establecemento dun marco de actuación para a implantación dun sistema de voto electrónico nas eleccións universitarias nas Universidades do Sistema Universitario Galego.
Estas tres universidades galegas manifestan o seu interese en fomentar e impulsar a Administración electrónica para conseguir unha e-universidade.
A execución do presente convenio comprenderá as seguintes actuacións:
- Adquisición de servidores.
- Elaboración do programa e adquisición de licenza permanente de voto electrónico.
- Plan de formación e promoción.
Asinan o convenio, a 2 de novembro de 2009, a secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, en representación da Xunta de Galicia, e os respectivos reitores das universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo.