Consulta Fibra Óptica

Formulario de busca

Fondos

Consulta Fibra ÓpticaConsulta Fibra Óptica

Formulario de busca

cierra cierra

Consulta Fibra Óptica

O pasado 22 de xullo de 2019 celebrouse no Museo das Peregrinacións de Santiago de Compostela, a xornada “A conectividade nos cascos históricos”, na que se presentou o primeiro catálogo de solucións para facilitar a extensión de fibra nestas zonas: Guía de boas prácticas para actuacións de tendido da rede de fibra óptica en contornas urbanas de especial protección e conxuntos históricos de Galicia.

Este Catálogo, elaborado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), o operador público Retegal e a Dirección Xeral de Patrimonio, en colaboración co Concello de Santiago de Compostela, é o punto de partida para darlle resposta á falta dun procedemento estandarizado para o despregamento de fibra óptica en conxuntos históricos.

O Catálogo analiza o caso concreto de Santiago de Compostela e, define unha serie de proposta de solucións complementarias e non excluíntes entre elas nin doutras posibles, para o despregamento da fibra óptica que permitan compatibilizar a protección do patrimonio co despregamento con trazado por cornixa, o soterramento ou o despregamento da fibra óptica a través das redes de saneamento.

As devanditas entidades, participan de xeito coordinado en proxectos que fomentan a protección, conservación, acrecentamento, difusión e fomento do patrimonio cultural da cidade de Santiago de Compostela, así como a súa valorización co impulso e desenvolvemento da sociedade da información no seu seo, garantindo os dereitos dos cidadáns e eliminando as barreiras que se opoñan á expansión e ao uso das novas tecnoloxías.

Neste contexto e para unha correcta conxunción entre a protección patrimonial de conxuntos históricos especialmente protexidos e o despregamento de novas redes de servizos, co obxecto de coñecer as posibilidades de execución dos eventuais despregamentos, resulta de interese dirixir consultas aos operadores económicos.

A partir da publicación da Resolución, ábrese un prazo para declarar o interese en participar na Consulta Aberta, segundo o formato establecido no Modelo de Declaración de Interese. Tras unha primeira análise das propostas preliminares recibidas, e se se considera de interese poderanse convocar aos participantes para realizar unha presentación máis detallada ou ampliar a información sobre a súa proposta.

No apartado de Breve resumo da eventual proposta, os propoñentes deben reflectir o enfoque da súa proposta para a elaboración do proxecto de desenvolvemento dunha rede de F.O., axustándose ao Catálogo no seu caso.

Os prazos para os primeiros fitos serían os seguintes:

  • 12 de novembro de 2019: publicación da Resolución.
  • 22 de novembro de 2019 – 23:59h: data límite para a presentación da “Declaración de interese”.
  • 25 de novembro ao 16 de decembro de 2019: solicitudes de primeiras reunións.