![]() |
CERTIFICACIÓN GALEGA DE COMPETENCIAS DIXITAIS EN OFIMÁTICA (CODIX) |
Acredita os teus coñecementos e competencias en ofimática a través do CODIX, a certificación que mellorará a túa competitividade e acceso ao mercado laboral. Se te desenvolves con eficacia e eficiencia no manexo de aplicacións ofimáticas, na xestión da información e a documentación, ou queres adquirir estes coñecementos para aumentar a túa empregabilidade e favorecer a túa inserción laboral... Se superas o exame da certificación galega de competencias dixitais en ofimática (CODIX) obterás un documento que acredita posuír unha combinación de coñecementos, capacidades e aptitudes no ámbito das tecnoloxías da información e as comunicacións. Acredítate! (https://cemit.xunta.gal/gl/codix) COMO E CANDO PODO OBTER A CERTIFICACIÓN DO CODIX? Ofrecémosche dúas posibilidades:
E durante todo o ano sen interrupción, tamén poñemos á túa disposición un espazo reservado para Autoformarte a través da Plataforma Virtual de Formación EMA onde terás acceso aos contidos do curso cos que adquirirás os coñecementos necesarios para superar o exame. Se queres saber máis sobre as convocatorias, contidos e procedementos de inscrición ao CODIX preme aquí
|