CIBER.gal

Formulario de busca

Fondos

Ciberseguridade para as administraciónsCiberseguridade para as administracións

Formulario de busca

cierra cierra

Ciberseguridade para as administracións


As administracións galegas, tanto autonómicas como locais teñen entre as súas prioridades garantir a seguridade nas súas actividades e infraestruturas para o que desenvolven actividades para a formación dos empregados públicos e inversións para a mellora e actualización constantes dos seus sistemas que permita prestar os seus servizos de xeito seguro para a cidadanía.

Formación para o empregado público

No marco do plan director de Seguridade estase a facer especial fincapé na formación ao empregado público, motivo polo que nos últimos anos se reforzou a oferta de formación en seguridade mediante a firma dun convenio coa Escola Galega de Administración Pública para levar a cabo actividades formativas nesta materia.  

Principais cursos no eido da seguridade:

Algunhas recomendacións de ciberseguridade:

 

Infraestrutura para a ciberseguridade da administración

Nos últimos vense realizando un investimento moi importante na adquisición de equipamento de seguridade perimetral, con redundancia no CPD principal e que ademais está tamén redundado no CPD de Respaldo, contando así con equipos de protección contra ataques de denegación de servizo distribuídos, sistemas de prevención de intrusos, varias capas de devasas de nova xeración, devasa especializada en aplicacións Web (WAF), equipos de filtrado de contidos, equipos de protección contra o Spam, equipos de protección contra virus, etc. E toda a información que xeran estes equipos de seguridade consolídase nun Sistema centralizado de Xestión de Eventos e Información de Seguridade (SIEM), que contén toda a información necesaria para facer unha correcta análise e diagnóstico tanto preventivo como correctivo de posibles incidentes de seguridade.